Semana Santa 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora un ano máis coa Irmandade Cristo a Misericordia na programación dos actos da Semana Santa 2024. 

 

PROGRAMA:

Xoves 14 de marzo 
20.00h
- misa 
20.30h - presentación da Piedade 

Sábado 16 de marzo - Sábado de Lázaro 
20.30h
- lectura do pregón polo Sr. Arzobispo Don Franciso José e imposición das medallas aos novos cofrades. Bendición da Virxe da Piedade 

Mércores 20 de marzo 
20.00h
- Triduo á Virxe das Dores 

Xoves 21 de marzo 
20.00h
- Triduo á Virxe das Dores 

Venres 22 de marzo 
20.30h
- festividade das Dores, misa e procesión 

Domingo 24 de marzo - Domingo de Ramos 
11.00h
- saída da Igrea parroquial cara o Cruceiro de Bao 
11.30h - bendición de Ramos, procesión e misa solemne 

Mércores 27 de marzo - Mércores Santo 
22.30h
- procesión da Nosa Señora da Piedad

Xoves 28 de marzo - Xoves Santo 
20.30h
- misa da Cea de Cristo. Lavatorio. Hora Santa 
21.15h - procesión do Ecce Homo, Virxe da Amargura e Soledad

Venres 29 de marzo - Venres Santo 
19.30h
- celebración da Paixón de Cristo 
20.15h - desenclavo 
21.15h - procesión do Santo Enterro 

Sábado 30 de marzo - Sábado Santo 
21.00h
- solemne Vixilia Pascual 

Domingo 31 de marzo - Domingo de Pascua de Resurrección 
12.00h
- misa solemne de Pascua 

 

I Concurso de Carteis Escolares 'Somos Boiro' | Concello de Boiro

O Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresarios impulsan, xunto cos centros de ensino do municipio, a I edición do Concurso de Carteis escolares “Somos Boiro”.

O obxectivo deste concurso de carteis é sensibilizar ao alumnado da importancia do sentimento local, do que implica a posta en valor da nosa contorna. Os carteis gañadores protagonizarán a campaña de potenciación do consumo local da ABE na primavera 2024. 

Bases dispoñibles AQUI

Categorías

  • Categoría A: entre os 3 e os 6 anos.
  • Categoría B: entre os 7 e os 9 anos.
  • Categoría C: entre os 10 e os 14 anos.
  • Categoría D: máis de 15 anos.

Presentación dos traballos 

Cada alumno/a poderá participar so cun cartel que terá que levar un lema en galego. 

Para a elaboración dos traballos facilitarase unha cartolina que a persoa participante deberá entregar cubrindo no reverso o seu nome e apelidos, o curso escolar, idade, o centro de procedencia e teléfono de contacto. 

O prazo de presentación de traballos iniciarase o luns 11 de marzo e finalizará o luns 1 de abril de 2024.

Os carteis deberán entregarse no propio centro educativo aos responsables de EDLG, na Casa da Cultura ou nas oficinas da ABE. 

Descargas:
Download this file (BASES.pdf)BASES.pdf

Concurso de disfraces e carrozas Entroido 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca para o vindeiro martes 13 de febreiro o tradicional concurso de disfraces e carrozas no marco da programación cultural do Entroido 2024.

Poderán participar neste concurso todas as asociacións, comunidades, grupos culturais, veciñais ou persoas que o desexen.

O concurso terá lugar o martes día 13 de febreiro de 2024 ás 18.00 horas na Praza de Galicia, percorrendo as rúas de Boiro para rematar no mesmo lugar. 

O BOP núm 23 do 31 de xaneiro de 2024 publica as bases do concurso. 

Modalidades 

  • Individual/ parella: participantes a partir dos 13 anos, farán constar o nome do disfrace e a persoa/s que se presenta. 
  • Grupos: aqueles que estean formados polo menos por tres participantes maiores de 13 anos cunha temática común. 
  • Carroza: aparello móbil conformado por unha plataforma ou varias debidamente adornadas e acorde coa temática do grupo. A carroza etará formadas como mínimo por catro persoas.

Premios 

 INDIVIDUAIS  GRUPOS  CARROZAS 
 1º 300 euros 1º 600 euros  1º 1200 euros  
 2º 200 euros 2º 300 euros  2º 800 euros  
 3º 150 euros  3º 250 euros   3º 500 euros 
 4º 100 euros 4º 200 euros    

O anexo II de solicitude de premio está dispoñible nesta páxina.  

 

Inscricións

Presencial ou vía telefónica no Centro Social de Escarabote ou no teléfono 981 84 99 50, de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas. 

Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

*o prazo de inscrición rematará o xoves 8 de febreiro ás 13.00 horas. 

*as persoas que non se inscribiran dese xeito poden facelo no mesmo día dende as 16.30h ata as 17.30h na Praza de Galicia. 

O impreso de inscrición (ANEXO I) e impreso de declaración (ANEXO III) pode descargarse nesta páxina. 

 

Programación cultural marzo-abril | Concello de Boiro

O Concello de Boiro programa actividades culturais para os meses de marzo e abril que engloban teatro infantil e familiar, teatro adulto e tamén cine educativo. Unha proposta de actividades que, ademais dos venres, tamén se vai desenvolver os domingos para ofrecer unha alternativa lúdica en familia durante a fin de semana. 

 

PROGRAMA 

Venres 8 de marzo, 20.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro infantil e familiar “Monstros

Domingo 17 de marzo, 19.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro infantil e familiar “Cacho animalada

Venres 22 de marzo, 20.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro infantil e familiar “Antón, un neno diferente

Domingo 24 de marzo, 19.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: cine familiar “20.000 especies de abejas

Venres 5 de abril, 21.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro adulto “Testosterona

Domingo 7 de abril, 19.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: cine familiar “Billy Elliot

Domingo 14 de abril, 19.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: cine familiar “Uno para todos

Venres 19 de abril, 21.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: teatro adulto: “Apaga o candil

Venres 26 de abril, 21.00 horas – Casa da Cultura de Boiro: “Deadpan karaoke

XVII Encontro Arqueolóxico do Barbanza | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra os días 24 e 25 de febreiro o XVII Encontro Arqueolóxico do Barbanza que organiza o Centro Arqueolóxico do Barbanza.

Esta cita, que comezou no ano 2007, ten como obxectivo trasladar ao público os resultados dos traballos arqueolóxicos realizados na comarca do Barbanza nos que se presta especial atención á arte rupestre e ás investigacións recentes doutras partes de Galicia.

O programa deste ano conta con once ponencias nas que van participar máis dunha vintena de relatores que expoñerán os seus traballos tanto a nivel nacional como internacional.

Máis información e inscricións 

Centro Arqueolóxico do Barbanza 

647 922 210

www.centroarqueoloxicodobarbanza.com 

 

PROGRAMA:

Sábado 24 de febreiro

09.00h – acreditacións e entrega de documentación

10.30h – acto de apertura

11.00h – Interpretación arqueológica y de la enfermedad a partir de los restos esqueléticos humanos (Francisco Etxebarría Gabilondo)

12.15h – descanso

12.45h – El comportamiento cultural durante el Pleistoceno Superior en África, algunos ejemplos de la Middle Stone Age sudafricana (Paloma de la Peña)

17.00h – Blandomil Soterrado ( Lino Gorgoso López)

17.30h – Adro Vello: investigación, escavación e conservación dun xacemento plural. Campañas 2022-2023 (Patricia Valle Abad, Adolfo Fernández Fernández, Marta Lago Cerviño, Elvira Mangas Carrasco, Roberto Bartolomé Abraira, Iria Veloso Pérez, Olalla López Costas, Alba Antía Rodríguez Novoa, Fermin Pérez Losada)

18.00h – Espidas polo mar: escavación e recuperación das cistas da Idade do Bronce de Punta Riason, na Illa de Arousa (Sofía Baqueiro Vidal)

18.30h – descanso

19.00h – Indagando nun novo tipo de xacemento: As rodas ou recintos circulares galegos (M.Pilar Prieto Martínez e Luis Cordeiro Maañón)

19.30h – De humanos y carnívoros en la cieva prehistórica de La Garma (Marián Cueto)

20.00h – Redescubrindo Pedra Cuberta: actuacións 2023 (Fernando Carrera Ramírez e Ramón Fábregas Valcarce)

Domingo 25 de febreiro

10.00h – La enfermedad en los albores de la humanidad: Paleopatología y evolución humana en el Este de África (Edgar Camarós)

11.15h – La formación de las sociedads de la Edad delBronce: una perspectiva paleoeconómica y arqueogenética (Roberto Risch, Vanessa Villalba e Marcelo Peres)

12.30h – descanso

12.45h – A orixe do Homo erectus e a primeira tecnoloxía Achelense no continente africano: o rexistro dos xacementos de Melka Kunture (Eduardo Méndez Quintas)

14.00h – clausura

|