Exposición artesanal no Centro Social de Cabo de Cruz: Vestidos de novia de Eva Outeiral

“Alegría” é unha exposición que  ten por obxectivo, en si mesmo, que a felicidade e a alegría sexan un dos principais sentimentos de toda muller un dos días máis importantes da súa vida, así como sentirse fermosa e cómoda.

A colección é obra da deseñadora e costureira artesanal Eva Outeiral, que cos seus propios criterios e deixando as tendencias do momento a un carón, chega a sala de Cabo de Cruz para que o público poda ollar os seus traballos, vestidos de noiva, dignos da mellor pasarela.

A mostra inaugurarase o sábado 11 de agosto do 2018 ás 20:30h., podendo ser visitada ata final de mes no horario oficial do centro.

Alegría

|