UNED senior: Curso 2º cuadrimestre (de febreiro a marzo de 2020))

Xa está aberto o prazo de matricula nos cursos da UNED Senior para o segundo cuadrimestre do curso 2019/20. Todas as persoas maiores de 50 anos interesadas en participar poden formalizar a súa matricula ata o 17 de febreiro. 
 
A UNED A Coruña, á que está adscrita o Concello de Boiro, abriu xa o prazo de inscrición de matrícula do segundo cuatrimestre do programa formativo UNED Senior, dirixido a persoas maiores de 50 anos que, con independencia da súa formación académica, estén interesadas en enriquecer os seus coñecementos sen realizar exames. 
 
O obxectivo deste programa é ofrecer unha modalidade aberta a persoas que buscan unha formación continua, mellorar a súa calidade de vida, ampliar os seus coñecementos e fomentar as relacións interpersoais. 
 
O programa é aberto e moitas asignaturas cambian en cada curso; non obstante, cada estudante pode matricularse no número de asignaturas que desexe e nas que estea interesado. Neste curso 2019/20 do programa da UNED Senior de A Coruña ofértanse 25 materias. No Concello de Boiro os cursos que se van impartir neste cuadrimestre son: Producción de Hortalizas todo o Ano, Restauración de Enseres e Mobles e Lanoterapia. 
 
As clases van comezar o vindeiro 17 de febreiro e finalizarán o día 3 de xuño de 2020. No calendario lectivo para este cuadrimestre cabe destacar as vacacións de Semana Santa, que van ser entre o 6 e 13 de abril de 2020 (ambos os dous incluidos) e Entroido, os días 24 e 25 de febreiro. 
 
Máis información na Secretaría do C.A. UNED A Coruña (c/ Educación 3 - 15011 A Coruña), no teléfono 981 14 50 51 ou no enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Tamén se pode solicitar toda a información sobre os cursos que se imparten no municipio no servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro. 
Descargas:
Download this file (UNED-Senior-2020.jpg)Cartel informativo
|