Teleformación CODIX 2021 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través da aula CeMIT, vai impartir a formación e avaliación dos contidos formativos que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia. 

O DOG Núm. 18, do 28 de xaneiro de 2021 publica a convocatoria e bases dun curso de preparación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. 

 

Persoas destinatarias

Maiores de 16 anos

 

Organización do curso

Número de prazas: 180

Duración: 12 semanas (190h lectivas) 

Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT

Datas: do 1 de marzo ao 28 de maio de 2021

 

Contido do curso

- Sistema operativo, busca de información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas) 

- Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas) 

- Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas) 

- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas)

- Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas) 

 

Solicitudes

O prazo de presentación será de 5 días hábiles dende o seguinte á publicación do DOG

As inscricións deberán facerse a través da páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal/

Para a inscrición é preciso darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. 

 

Máis información

Aula CeMIT do Concello de Boiro - Centro Social de Boiro

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

981 84 26 35

 

|