Feira Eco-lóxica de Saberes e Sabores

O Concello de Boiro retoma o mercado de produtos locais e de proximidade que se viña celebrando de xeito puntual no municipio. A feira Eco-lóxica, de Saberes e Sabores, vaise levar a cabo os segundos e cuartos sábados do mes, iniciando o vindeiro día 12 de xuño, na praza da Terceira Idade. 


O obxectivo do Concello de Boiro é potenciar o mercado de produtos de proximidade, dándolle continuidade a unha feira que se viña realizando en Boiro, para crear sinerxías entre este sector e o comercio e a hostalaría do municipio. A feira vaise celebrar os segundos e cuartos sábados do mes, na praza da Terceira Idade detrás do Centro Social e vai comezar o vindeiro 12 de xuño.


Cada vez son mais as persoas que mercan e consumen produtos locais de proximidade, polo que é moi importante que exista no municipio un punto de venta concreto e estable no tempo para a súa comercialización e dar resposta á demanda das persoas compradoras. 


Na primeira xornada da feira vanse instalar 17 postos, entre os que hai artesanía, produtos da horta e establecementos de segunda man. Os postos van estar instalados dende as 10 a 14 horas e haberá un obradoiro impartido por Cruz Vermella, unha actuación musical e sesión vermú con pulpeira.

 

"Mere-cidamente" Mere clown 

O 12 de xuño haberá unha actuación de Mere clown na contorna da feira. 

Podes inscribirte na actividade no seguinte formulario web: 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeOehfPHRCOxu2mHW4no2dyL5_b1axICrO4IhlGNajetGNP1g/viewform 

|