I Torneo 3x3 Concello de Boiro | 5 e 6 de agosto de 2023

08 05 baloncestoO Concello de Boiro colabora co Club de Baloncesto Santa Baia na organización do “I Torneo 3x3 Concello de Boiro” que terá lugar os días 5 e 6 de agosto nas pistas deportivas de A Negral.

O torneo disputarase o sábado a partir da 10.00 da mañá e durante todo o día e o domingo pola mañá. Trátase dun torneo puntuable da FIBA, a Federación Internacional de Baloncesto e na que competirán as categorías U15 mixto, U18 masculino, U18 feminino, Master masculino e Master feminino con equipos de todo España.

 

|