Pleno ordinario do 30 de marzo de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 30 o Pleno ordiario correspondente ao mes de marzo. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. 

Orde do día: 

  1. Aprobación definitiva, se procede, do ditame do estudo de detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Conservas Rianxeira S.A.U e redactado por D. Amancio Losada Vicente co obxecto de reordenar os volumes nunha das parcelas afectadas polo Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal (PSIS) de Ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira, S.A. en Bodión, Boiro (A Coruña).
  2. Aprobación inicial, se procede, do ditame dos orzamentos xerais do Concello de Boiro para o exercicio 2023.
  3. Aprobación inicial, se procede, do ditame do crédito extraordinario núm. 1/2023 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais.
  4. Designación dos membros da Comisión de Estudo para o restablecemento do servizo público das actividades deportivas a desenvolver no edificio multiusos de A Cachada.
  5. Moción do BNG relativa á municipalización do servizo de axuda no fogar.
  6. Moción do BNG en apoio á ILP sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a atención primaria.
  7. Moción de Boiro Novo/Mixto para mostrar o rexeitamento cara os ataques perpetrados contra os símbolos da memoria democrática neste concello.
  8. Moción de IC Boiro para a instalación de desfibriladores nos seguintes lugares: Centro Social de Escarabote, Club de Remo de Cabo de Cruz, Centro Social de Abanqueiro, Centro Social de Cabo de Cruz, Pazo de Goiáns, campo de fútbol de Pomar do Río, Campo de fútbol de A Mina, Campo de fútbol de A Lomba (Bealo), Centro de Día de Boiro e formación homologada en (RCP) e uso de DESA.
  9. Moción do BNG relativa á retirada do Plan de Ordenación do Espazo Marítimo.
  10. Moción do BNG relativa ao 8 de marzo sobre o impulso de medidas encamiñadas a blindar, garantir e defender os dereitos das mulleres así como promover a igualdade real entre mulleres e homes en Galicia.

Campus itinerante IV Ciclo USC | Barbanza Arousa

Barbanza Arousa acolle a cuarta edición do campus itinerante Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, unhas xornadas que teñen como finalidade mellorar a saúde e o benestar dos maiores. 

A iniciativa vaise levar a cabo por primeira vez de forma coordinada entre os Concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra e Rianxo.

Os cursos están dirixidos a maiores de 50 anos e profesionais de atención ao maior. 

29/03/2023 - 18.00h - Centro Social de Escarabote (Boiro)
"O sono e os seus trastornos", Dª. Mónica Antelo Maneiro 

31/03/2023 - 18.00h - Centro Social de Cabo de Cruz (Boiro) 
"Saúde cardio saudable", D. José Ramón González Juanatey

11/04/2023 - 18.00h - Auditorio do museo Valle Inclán (A Pobra) 
"Depresión", D. Fernando Lino Vázquez González 

14/04/2023 - 18.00h - Auditorio do museo Valle Inclán (A Pobra) 
"Para garantir a integración protexe a túa vista e os teus ollos", D. Jesús Giráldez González

25/04/2023 - 18.00h - Centro Sociocultural / Auditorio Municipal de Rianxo 
"Nutrición", D. Sergio Cinza Sanjuergo e D. Josñe Manuel Fernández García 

09/05/2023 - 18.00h - Auditorio (Ribeira) 
"Xenómica e medicina personalizada", D. José Ángel Carracedo 

 

Inscricións

As inscricións poden facerse de xeito presencial, por correo electrónico ou vía telefónica nos catro concellos.

Bolsas para estudantes 2022/2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas para o alumnado matriculado en centros públicos que, sendo maiores de 21 anos e non estando cubertos pola Tarxeta Xente Nova da Xuntos de Galicia ou sendo menores de 21 anos conten con informe perceptivo dos servizos sociais comunitarios, necesiten desprazarse por razón de estudos. 

O BOP núm. 18 do 26 de xaneiro de 2023 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

Liña 1. Estudos postobrigatorios cursados fora do termo municipal. 

Liña 2. Estudos postobrigatorios cursados dentro do termo municipal. 

 

Publicada a resolución provisional de adxudicación das bolsas, que se pode consultar aqui

O prazo de presentación de alegacións é de 10 días

 

Prazo e presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro (https://boiro.sedelectronica.gal/info.0

O prazo é de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Data de publicación do BOP: 26/01/2023. 

 

Requisitos das persoas solicitantes 

- Ser maior de 21 anos (liña 1) 

- Ser maiore de 21 anos ou maior de 16 se conta con informe dos Servizos Sociais Comunitarios (liña 2) 

- Estar empadoado en Boiro. 

- Ter unha idade máxima de 27 anos. 

- Non ter repetido o curso anterior. 

 

Aulas de educación para persoas adultas 2022-23 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Educación, desenvolve aulas de Educación Secundaria para persoas adultas durante o curso 2022-2023.

O segundo cuadrimeste comeza o luns 6 de febreiro ás 20.00 horas. 

Estas ensinanzas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que non posúa o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Entre os obxectivos específicos destas aulas están os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual.

Os cursos son cuadrimestrais e as aulas vanse desenvolver de luns a xoves en horario de 20.00 a 22.00 horas na Casa da Cultura de Boiro coa finalidade de que sexan compatibles coa vida laboral. Ofértanse un total de 50 prazas divididas no catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º; podéndose realizar dous módulos en cada curso escolar. Cada un dos módulos consta de diversos ámbitos: científico- tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física); ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social.

 

Requisitos das persoas participantes 

Ter máis de 18 anos. 

Menores de 18 anos, se cumpren algún dos seguintes requisitos: 

- Non poder asistir regularmente a un centro ordinario na modalidade presentacial por enfermidade ou discapacidade física. 

- Estar interno nunha institución penitenciaria ou en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar. 

- O alumnado que acredite cursar ou ter cursado un programa de garantía social. 

- Desempeñar unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa. 

- Cando concorran outras circustancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Delegación Provincial que corresponda poderá autorizar cursalas tras o informe favorable do Servizo de Ispección Educativa. 

 

Máis información

www.boiro.gal 

Casa da Cultura de Boiro 

educacióEsta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

981 84 84 25

Programa de medición de gas radón | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través do departamento de Medio Ambiente, leva a cabo un programa para realizar medicións dos niveis de gas radón no termo municipal. 

O departamento dispón de catro medidores de radón, dous deles que emprega o alumnado do IESP A Cachada e outros dous que cede á veciñanza para instalar nos seus domicilios e medir os niveis en diferentes puntos do termo municipal.

 

Solicitude de medidor 

Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.

O modelo de solicitude está dispoñible para a súa descarga nesta páxina. 

 

Máis información 

Departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

981 37 75 85

 

 

|