San Xoán 2021

Como consecuencia da pandemia e situación de excepcionalidade provocada pola Covid-19, comunícanse os seguintes feitos:

  1. PROHÍBESE, NESTE ANO 2021, A CELEBRACIÓN DAS TRADICIONAIS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN EN SOLO PÚBLICO MUNICIPAL, ESPAZOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL E PRAIAS DURANTE A NOITE DO 23 DE XUÑO AO 24 DE XUÑO.
  1. É POSIBLE A REALIZACIÓN DE CACHARELAS EN TERREOS PARTICULARES, DEBENDO RESPECTARSE AS CONDICIÓNS QUE DELIMITAN AS AUTORIDADES SANITARIAS EN CANTO ÁS RESTRICIÓNS DA COVID-19, ASÍ COMO AS CONDICIÓNS XERAIS DE TODOS OS ANOS. E TAMÉN, A MAIORES, AS MEDIDAS PREVENTIVAS E DE SEGURIDADE QUE SE DETALLAN A CONTINUACIÓN.

As comunicacións deben presentarse antes do 21 de xuño de 2021 a través da Sede Electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas. 

Podes descargar nesta páxina o modelo de comunicación e o bando informativo coas condicións xerais e específicas para a realización de cacharelas. 

|