Convocatoria de prazas de persoal laboral temporal ao abeiro do Programa de Integración Laboral

O Concello de Boiro convoca proceso de selección das seguintes prazas de persoal laboral temporal ó abeiro do Programa de Integración Laboral financiado pola Deputación Provincial da Coruña para execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, anualidade 2018:


- 3 peóns de servizos varios a tempo parcial (75%)

- 3 peóns de servizos varios a xornada completa.


A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro no prazo de dez días naturais (ata o 22/06/2018 ás 13:30 horas).


As bases desta convocatoria, así como a instancia de solicitude están a disposición dos interesados na Portería da Casa Consistorial e na páxina web do Concello de Boiro www.boiro.org

|