Proceso selectivo: Policía Local

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a provisión en propiedade de tres prazas de policía local (funcionario/a de carreira) correspondentes á Oferta de Emprego Público do Concello de Boiro do ano 2019. 

 

Lugar e prazo para a presentación de solicitudes 

PRAZO PENDENTE DE ABRIR

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación no Boletín Oficial do Estado

As persoas aspirantes deberán presentar as súas instancias seguindo o modelo que se engade como ANEXO I, na sede electrónica do Concello de Boiro ou no Rexistro Xeral do Concello de Boiro en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas) 

Requisitos das persoas aspirantes

- Posuír a nacionalidade española

- Ter feitos os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima establecida no artigo 56.1c) do Real Decreto lexislativo 5/2015

- Posuír unha estatura mínima de 1,65 metros os homes e 1,60 metros as mulleres

- Estar en posesión do titulo de bacharel técnico

- Ser titular dos permisos de conducir A2 e B na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes

- Non ter sido condenado/a por delito doloros nin separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatuarios das comunidades autónomas

- Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo

- Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias dos corpos da Policía Local 

Documentación a presentar

- ANEXO I cumprimentado

- DNI 

- Declaración responsable de estar en posesión da titulación esixida na presente convocatoria 

- Permisos de condución B e A2

- Declaración responsable comprometendose a manter vixentes os permisos do punto anterior mentres se permaneza en situación de servizo activo, como funcuionario/a de carreira no Corpo da Policia Local

- Declaración responsable do compromiso de portar armas e, de ser o caso, de chegar a utilizalas

- Certificado de estudos de lingua galega (Celga 4 ou equivalente), a efectos da exención da realizacion da proba de coñecemento da lingua galega. 

 

 

|