Proceso selectivo: listaxe conserxe mantedor

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha lista de contratación de conserxe mantedor. 

Publicación da convocatoria no BOP nº26 do martes 9 de febreiro de 2021

Os contratos vanse formalizar baixo a modalidde contractual laboral temporal de postos de conserxe mantedor e o sistema de acceso será de libre oposición. 

O número máximo de prazas será de 20. 

 

Publicados os resultados do primeiro exercicicio, que poden consultarse aqui.

Publicados os resultados do segundo exercicio, que poden consultarse aqui

Publicados os resultados do terceiro exercicio, que poden consultarse aqui

Proposta de listaxe de contratación

 

 

Prazo e presentación de solicitudes

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PECHADO

As persoas interesadas deberán presentar as súas instancias no modelo que se engade como ANEXO II nas bases e se pode descargar nesta páxina. 

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas, ou a través da sede electrónica. 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Posuír a titulación de, como mínimo, Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional de Primeiro Grao ou equivalente. 

- Estar en posesión do permiso de conducir clase B

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade co Concello de Boiro. 

- Non ser despedido, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha administración pública. 

- Ter cumpridos os 16 anos. 

- Posuír as capacidades físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas. 

 

 

 

|