Proceso selectivo: listaxe de técnicos/as de turismo
- Detalles
- Categoría: Novas Emprego
- Publicado: Lunes, 01 Marzo 2021 09:24
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha listaxe para a contratación laboral temporal de técnicos de turismo.
Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación.
O sistema de acceso será mediante oposición libre e o número máximo de persoas integrantes da lista será de 20.
Publicada a relación provisional de admitidos e excluídos, que pode consultarse aqui. As persoas interesadas teñen un prazo de cinco días hábiles para posibles enmendas.
Presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (Núm. 39 do 1 de marzo de 2021)
As persoas aspirantes deberán presentar o modelo de instancia que se inclúe como ANEXO nas bases e se pode descargar nesta páxina, acompañado do DNI, unha fotocopia que acreditem, como mínimo, o CELGA 4 ou equivalente e a titulación.
As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica.
Requisitos das persoas candidatas
- Ter cumpridos os 16 anos de idade
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo
- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade
- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública.
- Estar en posesión do título de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou equivalente
Proceso selectivo
A oposición constará de tres exercicios de carácter obrigatorio:
1º exercicio: proba de avaliación de coñecementos. Cuestionario de 50 preguntas tipo test relativas á historia e á súa comarca, á realidade física e xeográfica do termo municipal e aos recursos patrimoniais e turísticos que posúe.
2º exercicio: suposto práctico. Unha ou varias probas prácticas relativas ás funcións a desenvolver no posto de traballo.
3º exercicio: proba de coñecemento de lingua galega. Para aquelas persoas que non acrediten o CELGA 4 ou equivalente.