Estabilización de emprego temporal da oferta de emprego público extraordinaria 2022 do Concello de Boiro

O Concello de Boiro realiza a convocatoria para a estabilización de emprego temporal da oferta de emprego público extraordinaria 2022.

O BOP núm. 238 do 19 de decembro de 2022 publica as bases xerais e específicas que regulan a convocatoria dos procesos selectivos de estabilización de persoal laboral polo sistema excepcional de concurso-oposición para a reducción da temporalidade no emprego público no Concello de Boiro. As beses xerais e específicas poden descargarse AQUI

O BOE núm. 311 do 28 de decembro de 2022 publica a convocatoria. 

O DOG núm. 8 do xoves 8 de xaneiro de 2023 publica o anuncio da convocatoria. 

 

Prazo e presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para participar deste proceso selectivo será de 20 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. 

 

Requisitos xerais das persoas aspirantes 

- Ter a nacionalidade española

- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións e tarefas. 

- Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación. 

- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do exercicio de ningunha Administración pública. 

- Posuír a titulación esixida nas bases específicas de cada convocatoria. 

*cada convocatoria conta cuns requisitos específicos. 

 

Consulta AQUI as convocatorias específicas de cada proceso.

 

 

Proceso selectivo: peón do servizo municipal de emerxencias

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo de peón especialista do servizo de emerxencias municipal (grupo E/ outras AAPP). 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que se considere axeitada para o caso de substitucións, ausencias e/ou reforzos. 

O BOP núm. 238 do luns 19 de decembro de 2022 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (28/12/2022), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (11/01/2023), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais (18/01/2023), que se poden consultar aqui

Publicadas as puntuacións definitivas e lista de contratación (10/02/2023), que se poden consultar aqui

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos.

- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión do título ou certificado de escolaridade, estudos primarios ou, como mínimo, 2º ESO ou equivalente. 

- Certificado médico/ informe de saúde no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifican na fase de oposición. 

Proceso selectivo: arquitecto/a (funcionario/a de carreira)

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a (funcionario/a de carreira) pertencente á escala de administación especial da subescala técnica superior do subgrupo A1. 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre correspondente á Oferta de Emprego Público do Concello de Boiro do ano 2019.

O Boletín Oficial da Provincia núm. 237 do 16 de decembro de 2022 publica as bases da convocatoria. 

O BOE núm. 311 do mércores 28 de decembro de 2022 publica a convocatoria. 

O DOG núm. 8 do xoves 12 de xaneiro de 2023 publica o anuncio da convocatoria. 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, que se pode consultar aqui

 

Presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitude será de 20 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). 

A presentación de solicitudes debe facerse a través do Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

 

Requisitos das persoas aspirantes

- Estar en posesión da titulación habilitante para o desenrolo da profesión de arquitecto/a

- Posuír a nacionalidade española

- Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Posuír capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para ao desempeño das funcións ou tarefas. 

 

 

 

Proceso selectivo: oficial do servizo de emerxencias municipal

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de oficiais do servizo de emerxencias municipal (subgrupo C2). 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que se considere axeitada para o caso de substitucións, ausencias e/ou reforzos. 

O BOP núm. 238 do luns 19 de decembro de 2022 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

Publicada a relación provisional de presoas admitidas e excluídas (28/12/2022), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (11/01/2023), que se pode consultar aqui

Publicada a corrección de erros do listado definitivo (13/01/2023), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais (18/01/2023), que se poden consultar aqui

Publicadas as puntuacións definitivas e proposta de bolsa de emprego (08/02/2023), que se poden consultar aqui

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos.

- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado escolar ou equivalentes. 

- Estar en posesión do permiso de conducir tipo C. 

- Certificado médico/ informe de saúde no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifican na fase de oposición. 

 

Proceso selectivo: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local.

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal axeitada para cada caso.

O BOP núm. 214 do 11 de novembro de 2022 publica a anuncio e bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

 

Publicada a relación inicial de persoas admitidas e excluídas (21/11/2022), que pode consultarse aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (29/11/2022), que pode consultarse aqui

Publicadas as puntuacións provisionais dos exercicios da oposición (05/12/2022), que poden consultarse aqui

Publicadas as puntuacións definitivas dos exercicios da oposición e proposta de bolsa de emprego (15/12/2022), que poden consultarse aqui

 

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo de solicitude será de CINCO días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP. (prazo aberto ata o 18 de novembro). 

As persoas interesadas en participar neste proceso deben presentar o modelo de solicitude e documentación a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro (aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas) ou da sede electrónica. 

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Ter a nacionalidade española ou outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administación pública. 

- Estar en posesión do título de estudos universitarios como licenciado, Grao, Diplomado universitario ou equivalente, esixido para o subgrupo A2. 

|