BOLSAS UNIVERSITARIAS | Recursos Humanos, Traballo Social, Xuventude

O Concello de Boiro convoca bolsas para titulados universitarios en Recursos Humanos, Traballo Social e Xuventude destinadas a persoas que remataron os seus estudos nalgunha das universidades galegas. 

Recursos Humanos 

- Titulados/as universitarios (Grao) en Relacións Laborais e Recursos Humanos. 

- Obxectivos: a adquisición de coñecementos nos seguintes ámbitos. 

  • Actividades relativas á seguridade no traballo, concretamente na análise dos riscos dos postos de traballo no Concello de Boiro 
  • Coñecemento dos procesos selectivos no ámbito da administración local: redacción de bases de selección, comprobación de instancias e colaboración na valoración de méritos. 

- Período: 4 meses prorrogables. 

Traballo Social 

- Titulados/as universitarios (Grao) en Traballo Social

- Obxectivos: a adquisición de coñecementos nos seguintes ámbitos:

  • Xestión, información, seguimento e tramitación de expedientes administrativos das familias, menores e refuxiados chegados de Ucraína por mor do estalido da guerra. 
  • Coordinación de actuacións entre os servizos sociais municipais, entidades sociais e outras administracións en relación coa chegada de refuxiados de Ucraína. 
  • Xestión das actividades ou proxectos que o Concello leve a cabo para a inclusión e xestión dos refuxiados. 

- Período: 4 meses prorrogables

Xuventude 

- Titulados/as universitarios (Grao) en Educación Social

- Obxectivos: a adquisición de coñecementos nos seguintes ámbitos: 

  • Dinamización de espazos de encontro adicados á xente nova: análise da situación actual, organización de actividades, avaliación de resultados e coordinación co tecido social. 
  • Desenvolvemento de proxectos de animación xuvenil no ámbito municipal e promover actividades socioeducativas: deseño, difusión en redes sociais, inscrición, realización e avaliación.

- Período: 4 meses prorrogables. 

 

MÁIS INFORMACIÓN 

Departamento de Persoal do Concello de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

981 84 99 60

|