Pleno ordinario do 21 de marzo de 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 21 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de marzo.

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube na seguinte ligazón.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación provisional do ditame sobre a Ordenanza reguladora do prezo público polo servizo de recarga de vehículos eléctricos.
  2. Aprobación inicial do ditame da modificación puntual nº1 da Relación de Postos de Traballo.
  3. Aprobación do ditame polo que se desestima a solicitude presentada por Estrella del Mar SLU para a prórroga da concesión de dominio público outorgada por este concello con data 11/03/1993 para a explotación dun servizo bar- restaurante en Praia Xardín.

Pleno extraordinario do 7 de febreiro de 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro mércores 7 de febreiro de 2024 un Pleno extraordinario para a aprobación dos proxectos e participación no POS da Deputación da Coruña. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación, se procede, do ditame para participar no POS+2024 e aprobación de proxectos.
  2. Aprobación, se procede, do ditame para participar no POS+ adicional 1/2024 da Deputación provincial para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. 

Pleno ordinario do 21 de decembro de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 21 a sesión plenaria correspondente ao mes de decembro. 

O Pleno poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación inicial do ditame sobre a Ordenanza de circulación do Concello de Boiro.
  2. Aprobación do ditame sobre a resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do IBI.

Pleno ordinario do 23 de novembro de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 23 ás 20.00 horas a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de novembro.

O Pleno poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación inicial, se procede, do ditame dobre o Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Boiro.
  2. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a modificación da Ordenanza Fiscal núm. 12 reguladora da Taxa polo servizo de cemiterios.
  3. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a modificación do regulamento do funcionamento do servizo de axudas técnicas.
  4. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a ordenanza municipal reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos camper e caravanas no concello de Boiro.
  5. Aprobación, se procede, do ditame de aprobación da encomenda de xestión á Mancomunidade de Concellos Ría de Arousa Zona Norte para a realización das accións e tramitacións das licitacións recollidas na solicitude da axuda tramitada co expediente TUR.CAMINO2022-011.
  6. Moción do grupo municipal do BNG en relación coa celebración do día 25 de novembro.
  7. Moción do grupo municipal do BNG de apoio ás reivindicacións laborais dos bombeiros dos parques de Boiro e Ribeira.
|