"A memoria de Cimadevila" | Mapa emocional

Cimadevila non é un barrio calquera, aínda que poida parecelo. Nas súas rúas teceuse moito do que Boiro é hoxe. Diso fala este mapa, que recolle a memoria daquelas mulleres e homes que, sen sabelo, construíron o futuro. Tanto as mulleres senlleiras de Cimadevila -costureiras, labregas, coidadoras e obreiras infatigables- como as persoas que loitaron -e pagaron- pola democracia están nel. É fermoso o que este mapa recolle, porque é a nosa historia e a nosa esencia. E o mellor é que ten sitio aínda para moito máis!

MAPA EMOCIONAL 

 

|