APROBACIÓN INICIAL - Ordenanza para o uso da lingua galega

O Pleno do Concello de Boiro, na sesión celebrada o 9 de xuño de 2022, acordou aprobar inicialmente a Ordenanza para o uso da lingua galega no concello de Boiro. 

O Boletín Oficial da Provincia núm. 114 do 16 de xuño de 2022 publica o anuncio de exposición pública. 

A exposición pública é de 30 días hábiles, durante os cales as persoas interesadas poderán revisar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. 

O expediente poderá ser consultado no departamento de Tesourería de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas ou na sede electrónica do Concello, dispoñible AQUI

|