Estratexias de desenvolvemento local participativo 2022 - GALP

O Concello de Boiro recibe unha subvención da Consellería do Mar para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participartivo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014 - 2020. 

O proxecto está financiado pola Unión Europea a través do Fondo Marítimo de Pesca (FEMP). 

 

Mediante esta subvención, o Concello de Boiro levou a cabo o programa "Boiro libre de plásticos" co que se pretende a mellora da calidade ambiental da Ría de Arousa mediante a divulgación con accións formativas nas que se involucre a distintos actores relacionados co mar e ao alumnado do municipio.

Unha das accións levadas a cabo no marco deste programa foi a adquisición dunha máquina biorecicladora coa que o alumando dos centros de ensino do municipio puido coñecer como se crean obxectos para o uso cotiá a partirde refugallos de plástico.

Publi GALP

|