Concurso de Entroido 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca un ano máis o tradicional concurso de disfraces e carrozas no marco da programación do Entroido 2023.

O BOP núm. 22 do mércores 1 de febreiro de 2023 publica a convocatoria do concurso, as bases poden consultarse aqui

O concurso terá lugar o martes 21 de febreiro de 2023 ás 18.00 horas na Praza de Galicia

 

Participantes 

Poderán inscribirse todas as asociacións, comunidades, grupos culturais, veciñais ou persoas que o desexen. 

Os inscritos neste concurso están obrigados a formar parte do desfile que comezará ás 18.00 horas na Praza de Galicia.

Modalidades do concurso: 

- Individual/parellas (maiores de 13 anos).

- Grupos (polo menos tres participantes maiores de 13 anos cunha temática común).

- Carrozas (platadorma ou varias debidamente adornadas acorde á temática do grupo. Mínimo de catro persoas).

 

Inscricións 

Deben formalizarse antes do xoves 16 de febreiro ás 13.00 horas no Centro Social de Escarabote, o teléfono 981 84 99 50 ou o enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

No mesmo día do desfile entre as 16.30 e as 17.30 horas na Praza de Galicia. 

 

Documentación a presentar

- Instancia (descargable nesta páxina).

- Declaración responsable de non estar afectado/a por supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

 

 

Entroido 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro desenvolve unha programación completa con activididades para todos os grupos de idades para festexar o Entroido gracias á colaboración de entidades como a Asociación de Veciños da Boliña e AC Peñas Boiro. 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES 

Sábado 18 de febreiro

19.00h. Campo de Revelar (A Boliña) – XIV Festa da Orella de Porco e produtos típicos do Entroido organizada pola Asociación de Veciños da Boliña con dúo Charada e dúo Rosán, pintacaras, photocall... Haberá carpa.

23.00h. Praza de Galicia – festa de Entroido organizada por Peñas Boiro AC con disco móbil Euphoria Disco Show e actuacións de Cristina Savage, Xacobo de Mínimo Eventos e Toni Seijas.

Domingo 19 de febreiro 

17.00h. rúa peonil – desfile infantil con saída da Praza da Praza da Mancomunidade ata a Praza de Galicia.

18.00h. Praza de Galicia – festa infantil con DJ Matrek.

Luns 20 de febreiro

10.30h. Centro Social de Cabo de Cruz – obradoiros de repostería e manualidades de entroido para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

18.00h. Praza de Galicia – actuación infantil: “Peter Punk” (Punkdemia)

22.30h. Praza de Galicia – festa de entroido organizada por Peñas Boiro AC con actuación da orquestra La Fórmula e sesión DJ a cargo de Marcos Magán.

Martes 21 de febreiro

18.00h. Praza de Galicia – desfile e concurso de Entroido con animación musical de Troula Animación, Latexo Percusión, As da Boina, A Dorniña de Abanqueiro e Nunca é Tarde.

19.30h. Praza de Galicia – festa de entroido con DJ Matrek

Mércores 22 de febreiro

10.30h. Centro Social de Cabo de Cruz – obradoiros de repostería e manualidades de entroido para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

Sábado 25 de febreiro

12.00h. Biblioteca Municipal de Boiro – obradoiro de entroido para nenos e nenas de entre 6 e 10 anos.

. Escarabote – Festa do Felipiño

Domingo 26 de febreiro

Enterro do Farruco de Cabo

Enterro da Cunca de Praia Xardín

Enterro do Óso de Abanqueiro

Enterro do Felipiño de Escarabote

Haberá tren amenizado por gaiteiros que percorrerá todos os enterros.

 

*A programación está suxeita a cambios ou cancelacións. 

Cabalgata de Reis 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro contará con dúas citas distintas previas ao Día de Reis, pensadas para nenos e nenas. 

O mércores 4 de xaneiro as SSMM as Raíñas Magas visitarán todas as parroquias do municipio para recoller cartas e entregar caramelos aos nenos e nenas. 

12.00h - Abanqueiro (a carón do Centro Social) 
13.00h - Cespón (praza de San Roque) 
14.00h - Bealo (xunto a Igrexa)
16.30h - Macenda (xunto a Igrexa)
17.30h - Cures (praza da Igrexa) 
18.30h - Escarabote (a carón do Centro Social) 
19.30h - Cabo de Cruz (xunto a Lonxa) 
20.30h - Boiro (Praza de Galicia) 

O xoves 5 de xaneiro, Gran Cabalgata de Reis

Saída ás 17.00 horas da Magdalena e chegada á Praza de Galicia de Boiro, onde as SSMM recibirán aos nenos e nenas. Regreso a Escarabote. 

*O percorrido contará cun tramo para persoas con TEA, sen música e sen luces, na rúa Principal no tramo comprendido entre a Av. de Compostela e a rúa Salvador Allende. 

 

XVI Encontro Arqueolóxico do Barbanza | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza os días 25 e 26 de febreiro na Casa da Cultura de Boiro o XVI Encontro Arqueolóxico do Barbanza que organiza o Centro Arqueolóxico do Barbanza.

 

PROGRAMA

Sábado 25 de febreiro de 2023
9.00 horas – acreditacións e entrega de documentación
10.30 horas – acto de apertura
11.00 horas – Orce.¿Quienes somos? ¿De donde venimos?Juan Manuel Jiménez Arenas.
12.15 horas – descanso
12.45 horas – Bioarequeología: paleodieta y movilidad de poblaciones prehistóricasMarta Díaz-Zorita Bonilla e Javier Escudero Carrillo.
17.00 horas – Talasonimia. Nomear o mar como estratexia de dominio do medioXosé Lois Vilar Pedreira.
17.45 horas – Estudios espacial y tecnológico de los grabados rupestres localizados en el sur de la provincia de LugoBegoña González Aguiar.
18.30 horas – descaso
19.00 horas – E ti que miras? Atención visual e tecnoloxía paleolíticaMaría Silva Lago.
19.45 horas – Proxecto Colón galego 2022: As intervencións arqueolóxicas en Poio e SobránMateo Fontán Couto e Antonio Castro Rozados.


Domingo 28 de febreiro de 2023
10.00 horas – El difícil arte de divulgar la prehistoria Ignacio Martín Lerma.
11.15 horas – O Neolítico e o Calcolítico de Trás-os-Montes e Alto Douro. Linhas de força e reflexões sobre a multipolaridade & densificação das paisagens sociais – María de Jesús Sanches.
12.30 horas – descanso
12.45 horas – Cocinando durante el neolíticoMiriam Cubas Morera.
14.00 horas: clausura da edición

 

Inscricións e máis información 

- Na plataforma www.centroarqueoloxicodobarbanza.org (sección eventos) cubrindo o formulario de inscrición.

- Mediante correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.; indicando nome, apelidos, dni, dirección postal, teléfono, modalidade e centro de traballo ou Núm. Rexistro Persoal (só docentes).

- No teléfono: 981 84 38 10.


*Unha vez que se confirme a pre-inscrición será preciso remitir xustificante de pago para confirmar a matrícula.

Programación cultural Nadal 2022 | Concello de Boiro

A Concellería de Cultura do Concello de Boiro organiza unha programación para o Nadal composta de concertos, espectáculos infantís, festivais de Nadal, carpa solidaria...

 

PROGRAMACIÓN:

Sábado 10 de decembro

12.00 horas – obradoiro infantil (Biblioteca Municipal de Boiro)

12.30 horas – Gala dos Premios Barbantia da Cultura (Pazo de Goiáns)

20.30 horas – “G-Alsa” de Teatro do Improvisto (Casa da Cultura de Boiro)

Domingo 11 de decembro

17.00 horas – “Papá Noel solidario” en beneficio da Fundación Andrea (pavillón da Cachada)

18.00 horas – festival de Nadal de Abeloura (Centro Social de Cespón)

Venres 16 de decembro

17.30 horas – “O chimpo de ra” de Raquel Queizás (Centro Social de Cabo)

20.00 horas – “A casa das cancións”, teatro musical (Casa da Cultura de Boiro)

Sábado 17 de decembro

18.30 horas – festival de Nadal Xilbarbeira (Casa da Cultura de Boiro)

20.30 horas – ciclo de cine Mestre Mateo (Centro Social de Boiro)

Domingo 18 de decembro

17.30 horas – festival da Asociación de Veciños de Abanqueiro (Centro Social de Abanqueiro)

18.00 horas – festival Cen Pliés (Casa da Cultura de Boiro)

Xoves 22 de decembro

19.30 horas – Festival de Nadal da Escola de Música de Boiro (Carpa Solidaria)

Venres 23 de decembro – Festival da Cultura Solidaria (Carpa Solidaria)

11.00h - actuación ballet Cen Pliés e Aroña
12.00h - animación infantil co O apalpador e Monifates
13.00h - combo jazz da Escola de Música de Boiro
14.00h - DJ Matrek 
16.00h - serán tradicional con Abeloura, Os Pequenos do Barbanza, A Dorniña de Abanqueiro, Xilbarbeira, As da Boina, Pedra da Aroña e Nunca é Tarde
18.30h - chocolatada grupo Turbina
19.00h - Banda de Música de Boiro & CEIP Santa Baia, CEIP Santa María do Castro e CEIP Abanqueiro
20.00h - Bruno DJ 
21.00h - The Cuncas 

Luns 26 de decembro

17.00 horas – Micro Aberto (Carpa Solidaria)

20.00 horas - rap da zona 

Martes 27 de decembro

18.30 horas – “Mamá Cabra” Gloria Mosquera e Diego Maceiras (Carpa Solidaria)

Mércores 28 de decembro

18.30 horas – Gala de circo de nadal PistaCatro "Carman" (Carpa Solidaria)

Xoves 29 de decembro

18.30 horas – Gala de circo de nadal PistaCatro "Malabarian on the rox" (Carpa Solidaria)

20.00 horas – CineClubCoral, concerto de bandas sonoras de películas (Carpa Solidaria)

Venres 30 de decembro

18.00h – festival de Nadal da AC Pedra da Aroña (Pavillón da Cachada)

18.30 horas 
– Gran gala de circo de nadal PistaCatro (Carpa Solidaria)

22.00 horas – Concerto Sabela King e The Heartbreakers (Carpa Solidaria)

Luns 2 de xaneiro

18.30 horas – “Historias da maletra” de Raquel Queizás (Carpa Solidaria)

Martes 3 de xaneiro

18.30 horas – “Fartura de Nadal” de Vero Rilo&Penadique (Carpa Solidaria)

Mércores 4 de xaneiro

18.30 horas – “Tranvía do Nadal” de Charo Pita e a familia Papaventos (Carpa Solidaria)

Xoves 5 de xaneiro - Cabalgata de Reis 

Sábado 7 de xaneiro 

11.00h - Exhibición de boxeo, Kenpo Karate e judo (ximnasio Ozono) 

 

*a programación está suxeita a modificacións ou cancelacións. 

 

|