Residentes: Residencias Artísticas 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, coa colaboración da galería La Doce, convoca o certame “Residentes: Residencias Artísticas Boiro 2022” que ten como obxectivo incentivar a creatividade e a produción artística visual. Este proxecto pretende fomentar a creatividade e contribuír á consolidación e crecemento do sector artístico local. 

Participantes 

Poderán inscribirse todas aquelas persoas cun proxecto artístico contemporáneo (pintua, escultura, vídeo, fotografía, performance...) que vaian desenvolver un proxecto artístico concreto ou iniciar un proceso de investigación e experimentación artística na contorna de Boiro. 

Premio

Seleccionaranse 3 proxectos artísticos que recibirán unha dotación económica de 1000 euros, aloxamento durante o mes de setembro e espazo na zona coworking de La Doce para poder traballar no seu proxecto. 

Como contraprestación, os artistas propoñerán unha actividade ou obradoiro dirixido á cidadanía de Boiro; cederán a súa obra durante un tempo determinado para expor; presentar o seu traballo en actos que poidan ser convocados e doar unha peza ao Concello de Boiro. 

Inscricións

As inscricións deben facerse a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro ou da sede electrónica ata o vindeiro 12 de xuño de 2022. 

Documentación a aportar: 

- Impreso de solicitude (ANEXO I)

- Fotocopia do DNI

- Curriculum vitae

- Dossier de obra 

- Memoria descriptiva do proxecto 

- Descrición da actividade de retorno 

- Carta de motivación 

|