Bolsas a deportistas federados/as 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas a deportistas federados/as para o ano 2026 que teñen como obxectivo recoñecer o esforzo e dedicación que leva aparellada a práctica deportiva de moitos dos deportistas do municipio para progresar nas súas respectivas modalidades.

O BOP núm. 84 do 7 de maio de 2026 publica as bases da convocatoria, que se poden descargar AQUI

 

Requisitos 

  • Estar empadroado/a en Boiro.
  • Ter entre 9 e 23 anos a data do 31 de decembro de 2025.
  • Dispoñer de licencia federativa en vigor no momento da presente convocatoria.
  • Ter participado na tempada precedente nalgún dos seguintes eventos:

- campeonatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior. 

- convocatorias das seleccións galega e española. 

- probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campeonatos galegos. 

- campeonatos oficiais absolutos de liga de 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade. 

  • Non sufrir sanción nin descalificación por comportamento antideportivo ao longo da tempada. 

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o 08/05/2026e durante un período de 10 días hábiles. 

As solicitudes deben presentarse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

 

Máis información

Departamento de Deportes (Edif. das Colonias de Praia Xardin) 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

|