A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (Agadea) retoma en Boiro o servizo de estimulación terapéutica.
As actividades que se van levar a cabo están dirixidas á orientación á realidade, estimulación da memoria recente e da memoria a longo prazo, laborterapia, psicomotrocidade, xerontomasia...
O servizo vaise levar a cabo no Centro Social de Abanqueiro os luns, mércores e venres en horario de 15.30 a 18.30 horas.
Persoas destinatarias:
- Persoas maiores con deterioro cognitivo
- Persoas con demencias neurodexenerativas (enfermidade de Alzhéimer, frontotemporal, cuerpos de Lewy, etc.)
Obxectvos das terapias:
- Retardar o deterioro da enfermidade.
- Traballar a memoria, a orientación, a linguaxe, o cálculo, etc.
- Mellorar a calidadde de vida e as relacións interpersoais.
Profesionais que interveñen:
- Persoal de fisioterapia.
- Persoal de psicoloxía.
- Xerocultor/a
- Persoal de educación social.
Máis información
Departamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro
Tel. 981 84 99 60
Agadea
Tel. 672 705 053
Mail. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O Concello de Boiro, a través da Concellería de Servicios Sociais, organiza unha nova edición do Xantar de Confraternidade da Terceira Idade.
A cita terá lugar o venres 11 de novembro de 2022 ás 14.00 horas no pavillón de Barraña.
Máis información e inscricións:
do 31 de outubro ao 4 de novembro (empadronados Boiro)
días 7 e 8 de novembro (non empadronados)
Departamento de Servicios Sociais, 2º andar
