Pleno Ordinario outubro 2020 do Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro 08/10/2020 o Pleno Ordinario correspondente ao mes de outubro. A sesión vaise celebrar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial e reatransmitirase en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro

Orde do día do pleno: 

  1.  Aprobación da acta da sesión plenaria do 10 de setembro de 2020.
  2. Convenio de colaboración entre o Concello de Boiro e o Concello de Ribeira para a recollida de animais abandonados e outras cuestións que redunden en protección e defensa dos animais de compañía. 
  3. Determinación dos días festivos locais para o ano 2021. 
  4. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ Mixto en relación coa instalación de alumeado e pintado de pasos de peóns na estrada de AC-305. 
  5. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ Mixto en relación co Centro de Saúde do Saltiño. 
  6. Moción do grupo municipal do BNG para a construcción de beirarrúas no lugar de Ferreiros. 
  7. Moción do grupo municipal do Partido Popular para instar á aprobación dunha lei que garanta o dereito constitucional da propiedade privada e combata eficazmente a ocupación ilegal de vivendas. 
  8. Moción do grupo municipal do PSdG-PSOE relativa aos sobrecustes nos gastos de limpeza e desinfección nos centros educativos do Concello de Boiro. 

 

 

|