Convocatoria de axudas autónomos e empresas (PEL Reactiva)

O Concello de Boiro, gracias ao financimento da Deputacion Privincial da Coruña mediante o PEL- Reactiva, convoca unha liña de axudas para microempresas, persoas traballadoras por conta propia ou autonomos. 

 

Persoas beneficiarias

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas autonomas, con ou sen traballadores/as ao seu cargo, e microempresas, sexa cal sexa a sua forma xuridica, que se atopen nalgún dos seguintes supostos: 

- Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo e a súa modificacion aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo

- Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturacion no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reduciida, polo menos, nun 75% en relacion coa media efectuada no semestre natural anterior á declaracion do estado de alarma

- Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE

 

Documentación a presentar 

- NIF/NIE ou CIF segundo corresponda

- Certificado de titularidade de conta bancaria

- Anexo XIII: Solicitude da axuda

- Anexo IX: Declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigas

Beneficiarios/as do Grupo I: 

- Certificado actualizado de Situación Censal da Axencia Estatal Tributaria

- Informe actualizado de Vida Laboral da Empresa, expedido pola Tesoureria Xeral da Seguridade Social no que se inclúa o seu número de traballadores/as 

Beneficiarios/as do Grupo II (ademais da indicada para o Grupo I): 

- Acreditación do reducion de ingresos dende os seis meses previos á declaracion do estado de alarma e ata a data de presentación da solicitude da axuda, mediante a presentación dalgun dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaracion de IVE, IRPF. 

Beneficiarios do Grupo III (ademais da indicada para o Grupo I): 

- Documento acreditativo da situacion de ERTE

 

Gastos subvencionables 

Terán a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña, os gastos segintes que foran realizados entre marzo de 2020 (incluido) e ata o 31 de decembro de 2020: 

- Compra de material: material antiséptico, productos hixiénicos e de limpeza

- Arrendamentos e canon: arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacions*. Gasto directo

*o arrendamento do local de negocio ou instalacións, exclúense os espazos coworking

*o renting de maquinaria, máquinas, vehiculos, etc. 

- Reparación e conservación: adaptación de locais as medidas de proteccion fronte a Covid-19 (mamparas de protección, etc.). Gasto directo. 

- Primas seguros: seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes. Gasto directo.

- Subministracións: auga, gas, combustibles, electricidade. Gasto directo. 

 

Contía

Traballadores/as por conta propia ou atonomos/as sen traballadores/as ao seu cargo: 1500 euros

Traballadores/as por conta propia ou atonomos/as con traballadores/as ao seu cargo e microempresas: 

- Un so traballador/a: 2.000 euros

- Entre 2 e 5 traballadores/as: 2.500 euros

- Entre 6 e 9 traballadores/as: 3.000 euros

 

Solicitude

Prazo de presentación de solicitudes PECHADO

Publicación no BOP (05/11/2020): https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/11/05/2020_0000007894.pdf 

As solicitudes, que se presentarán por via telematica a traves da Sede Electronica do Concello de Boiro, accesible a través do enlace https://boiro.sedelectronica.gal/info.0 ou en https://www.boiro.gal/index.php/es/ usando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede. 

Publicada a adxudicación definitiva. Pode consultarse aqui

 

 

 

|