Medidas de prevención específicas do Concello de Boiro

O Concello de Boiro, tendo en conta a redución de positivos activos e do nivel de incidencia acumulada e coincidindo coa relaxación de medidas decretadas pola Consellería de Sanidade, retoma, de xeito paulatino, as actividades que se realizan en dependencias municipais e/ou dependan do Concello. 

A publicación deste decreto deixa sen efecto o publicado o 2 de decembro de 2020, no que se acordou o peche temporal de instalacións e cancelación de actividades, e o publicado o 11 de decembro de 2021 poo que se acordou a cancelación temporal do mercado semanal que se celebra os martes.

Deste xeito, retómanse as seguintes actividades, seguindo sempre as medidas de seguridade e hixiene decretadas polas autoridades sanitarias: 

a) Actividades deportivas en interior e exterior. Uso de pistas e instalacións deportivas. 

b) Actividades lúdicas e culturais. 

c) Xuntanzas de entidades, asociacións e grupos. 

d) Bibliotecas municipais e salas de estudo para préstamo e devolución así como a estancia en sala. 

e) Parques infantís, pistas deportivas e parques biosaudables. 

 

Reanúdase tamén o mercado semanal de venda non sedentaria que se celebra os martes na Avenida da Constitución cun 50% dos postos máximos autorizados, que se instalarán de maneira alterna cambiando cada semana. 

Todas as medidas están suxeitas ás restricións decretadas polas autoridades sanitarias e a que se cumpran todas as limitación e medidas xerais de seguridade e hixiene decretadas para o control da pandemia. 

 

 

|