Programa Compostaxe Doméstica 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro vén de abrir un novo prazo de solicitude para participar no programa de compostaxe doméstica que comezou no ano 2019.

Con esta nova convocatoria vanse repartir un total de 130 novos composteiros cos que se pretende seguir reducindo os residuos que se depositan nos contedores xenéricos.

Mediante este programa, que comezou a realizarse no ano 2019, repartironse xa preto de 120 composteiros, repartidos en vivendas unifamiliares de todas as parroquias do municipio, e o obxectivo é que a cifra siga aumentando nos vindeiros anos. Durante o primeiro ano realizase un seguimento do uso que se fai dos composteiros, uns datos que nos indican que a maior parte dos restos depositalos son materia sobrante de cociña seguido de segaduras de horta. A información aportada polos usuarios do programa indica que o emprego de composteiros supón un aforro na xestión de entre 600 e 800 litros.

Esta nova adquisición de composteiros por parte do Concello de Boiro realizase maediante unha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal e que están cofinanciadas pola Unión Europea-Next Generation EU.

 

Solicitude e información

Departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 37 75 85.

|