Campamento concilia Semana Santa 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril un obradoiro de conciliación para rapazada de entre 3 e 12 anos co obxectivo de facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexibles axustado ás súas necesidades; así como ofrecer unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre para a rapazada participante.

O desenvolvemento das actividades deste campamento estará baseado en técnicas de intervención participativas e activas, mediante as que se fomente a creatividade e os valores de respecto e solidariedade con enfoques non sexistas, planificadas segundo as idades e as necesidades socio-educativas dos participantes.

Datas: 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril 

Horario: de 9.00 a 14.00 horas ou de 10.00 a 14.00 horas 

Lugar: CEIP Santa Baia

 

Consulta as bases AQUI

Publicada a relación de persoas admitidas, que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas, que se pode consultar aqui

 

Tarifas 

15 euros

Desconto do 50% para segundo irmán e sucesivos. Desconto do 80% para persoas en exclusión social.

 

Inscricións

Prazo de preinscrición do 16 ao 20 de marzo mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

Pago da tarifa para formalizar a matrícula unha vez publicada a lista definitiva de persoas admitidas.

 

Máis información

Departamento de Educación 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

981 84 84 25 

 

 

|