Oficina Consumo
Índice do artigo
Páxina 1 de 5
OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR (OMIC)
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor, é un servizo de balde de información e educación do consumidor/a e usuario/a, que ten como obxectivo principal a atención, defensa e protección dos/as consumidores/as e usuarios/as dacordo ca lexislación vixente.
Así, a OMIC atende e tramita as queixas, reclamacións e denuncias dos/as consumidores/as, realizando as mediacións oportunas para a resolución dos conflictos.
Funcións:
- Informar, axudar e orientar aos/ás consumidores/as e usuarios/as para o axeitado exercicio dos seus dereitos.
- Indicar as direccións e principais funcións doutros organismos, públicos ou privados, de interese para o consumidor.
- Recoller, rexistrar e acusar recibo de queixa e reclamacións dos/as consumidores/as e usuarios/as, e a súa remisión ás entidades e organismos competentes.
- Realizar actos de mediación.
- Educar e formar en materia de consumo.
- Fomentar o asociacionismo dos/as consumidores/as para dar debido cumprimento ao precepto recollido no artigo 51 da Constitución, que insta ás administracións a fomentar e protexer ás Asociacións de Consumidores.
Contacto
Praza de Galicia, s/n. 15930. Boiro (A Coruña) Ed. Consistorial
981849960. Ext.280
981844800. Ext.280
981844008
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Prev
- Seguinte >>