Obradoiro emprego

    Os veciños e veciñas que asistiron ao III Evento Gastronómico do Nadal puideron degustar doces como roscóns, turróns, panettone, rosquillas ... ademais de chocolate e cafés, elaborado todo polo alumnado/traballador do Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III.​

    O alumnado/traballador do obradoiro de emprego elaborou e serviu un xantar para usuarias do programa de Musicoterapia de Boiro.​
    O Obradoiro de Emprego é un programa mixto de emprego e formación cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.​

    O alumnado/traballador do obradoiro de emprego elaborou e serviu un xantar para as usuarias do programa de Musicoterapia de Cabo de Cruz.​
    No Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III estanse impartindo dous certificados de profesionalidade de nivel 1, “Operacións básicas de cociña” e “Operacións básicas de restaurante e bar”.​

    Os usuarios e usuarias do Centro de Día de Boiro foron convidados/as a degustar un menú elaborado polo alumnado/traballador do Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III. ​
    O Obradoiro de Emprego é un programa mixto de emprego e formación cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.

    A Técnico de Medio Ambiente do Concello visitou o Centro de formación do obradoiro de emprego para darlle unha charla ao alumnado/traballador sobre a reciclaxe e os residuos urbanos do Concello de Boiro.

|