O Concello de Boiro promove a XXXIII edición dos Veráns Deportivos, que se van desenvolver do 22 de xuño ao 3 de setembro de 2026.
O prazo de inscrición das actividades abre o 1 de xuño.
Toda a información AQUI
- Actividades para rapazas e rapaces
REMO
Idade: De 8 a 16 anos
Datas: Do 1 de xullo ao 28 de agosto
Lugar: Peirao de Cabo de Cruz
Horarios:
- Nados entre 2014 e 2017. Martes e xoves de 10:30h a 13:30h
- Nados entre o 2010 e 2013. Luns, mércores e venres de 10:30h a 13:00h
Inscrición: 90€ nados entre 2010 e 2013 e 80 euros nados entre 2014 e 2017 (30€ a pagar no Departamento de Deportes do Concello de Boiro e 60€ ou 50€ a pagar no Club de Remo) Licencia federativa e seguro incluído.
PIRAGÜISMO
Idade: Maiores de 8 anos
Datas: cursos quincenais do 29 de xuño ao 3 de setembro
Lugar: Praia Xardín
Horarios:
- Grupo 1 (+12 anos): de luns a xoves de 10:00 a 11:30 horas
- Grupo 2 (8 a 12 anos): de luns a xoves de 11:30 a 13:00
Inscrición: 70€ (30€ a pagar no Dpto. Deportes e 40€ no Club de Piragüismo). Licencia federativa e seguro incluido.
VOLEI PRAIA
Idade: dos 8 aos 16 anos
Datas: do 1 de xullo ao 28 de agosto
Lugar: Área deportiva da praia de Barraña
Horarios:
- Nados entre o 2014 e 2018: das11:00h a 12:00h
- Nados entre o 2008 e 2013: das12:00h a 13:00h
Inscrición: 30€. (Pago no Dpto. Deportes)
BALONCESTO
Idade: Dos 6 aos 16 anos
Datas: Do 2 de xullo ao 27 agosto
Lugar: Pavillón Santa Baia
Horarios:
- De 12 a 16 anos.Martes e xoves de 10:00h a 11:30h
- De 6 a 11 anos. Martes e xoves de 11:30h a 13:00h
Inscrición: 30€. (Pago no Dpto. Deportes)
ATLETISMO
Idade: Dos 8 aos 16 anos
Datas: Do 1 de xullo ao 26 agosto
Lugar: Base no Pavillón da Cachada
Horarios: Luns e mércores
- De 10 a 13 anos. 10:30h a 11:30h
- De 6 a 9 anos. 11:30h a 12:30h
- De 14 a 16 anos. 12:30h a 13:30h
Inscrición: 30 euros. (Pago no Dpto. Deportes)
TENIS RAPACES
Idade: De 8 a 16 anos
Datas: Do 2 de xullo ao 27 agosto
Lugar: Pista de tenis Av. Constitución
Horarios: Martes e xoves
- De 8 a 11 anos. 10:00h a 11:00h Nivel 1 (2 grupos)
- De 12 a 16 anos. 11:00h a 12:00h Nivel 2 (1 grupo)
- De 12 a 16 anos. 12:00h a 13:00h Nivel 3 (1 grupo)
Inscrición: 30 euros. (Pago no Dpto. Deportes)
VELA. ESCOLA NÁUTICA DE BOIRO
Idade: De 8 a 16 anos
Datas: Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Lugar: Marina Cabo de Cruz e Club Náutico Barraña
Horarios: De luns a venres das 10:00h as 13:30h ou das 15:30h ás 19:00h
Inscrición:
- 70 euros/ semana
- 50 euros/semana (empadroados)
Licenza federativa: 16 euros. (Pago na Escola Náutica de Boiro)
VELA. CLUB NÁUTICO DEPORTIVO BARRAÑA
Idade: A partir dos 7 anos e que sepan nadar
Datas: Do 29 de xuño ao 4 de setembro
Lugar: Nautico de Barraña - Escarabote
Horarios: das10:00h ás 14:00h ou das 15:00h ás 19:00h
Inscrición: (inclúe licenza federativa)
- Socios. 66€
- Non socios. 76€
Pago no Club Náutico Deportivo Barraña
TENIS
Idade: Maiores de 16 anos
Datas: Do 2 de xullo ao 27 agosto
Lugar: Pavillón de Barraña
Horarios:
- Iniciación (Nivel 1) Martes e xoves de 21:30h a 22:30h
- Perfeccionamento (Nivel 2) Martes e Xoves 20:30h a 21:30h
Inscrición: 40 euros (Pago no Dpto. Deportes)
XIMNASIA PARA XUBILADOS
Idade: Xubilados
Datas: Do 1 de xullo ao 28 de agosto
Lugar: Pavillón de Barraña
Horarios: Luns, mércores e venres de 10:00h a 11:00h
Inscrición: Gratuíta
PROXECTO BOIRO ACTÍVATE
Idade: Persoas con doenzas especiais
Datas: Do 1 de xullo ao 28 agosto
Lugar: Pavillón de Barraña
Horarios: Luns, mércores e venres de 11:00h a 12:00h
Inscrición: Gratuíta
VELA. CLUB NÁUTICO DEPORTIVO BARRAÑA
Datas: cursos a desenvolver entre o 29 de xuño e o 4 de setembro
Lugar: Náutico de Barraña - Escarabote
Horarios:
- Curso de mañá. De 10:00h a 14:00h
- Curso de tarde. De 15:00h a 19:00h
Inscrición: 96 euros (inclúe licenza federativa) O pago realízase no Club Náutico Deportivo Barraña
VELA. O CHAZO. DIRIXE CINA
Idade: Maiores de 18 anos
Datas: Do 3 de xullo ao 30 de agosto
Lugar: Base no Chazo, nas instalcións do CINA
Horarios: De 10:00h a 20:00 h
Inscrición: 76 euros. O pago faise na CINA
Nota: Cursos impartidos por técnicos do CINA
VII CAMPUS DEPORTIVO "RUFINO REGUEIRA"
Idade: Nados do 2013 ao 2019
Datas: Do 1 de xullo ao 28 de agosto
Lugar: As Colonias (Praia Xardín)
Horario: Luns a venres de 10:00h a 13:30h
Organiza: Club Natación Boiro
Inscrición: 240€ (Socios) 270€ (Non Socios). O pago faise no Club de Natación.
CAMPUS DE BALONCESTO. CLUB DE BALONCESTO SANTA BAIA
Idades: dos 6 aos 17 anos
Data/hora: do 3 ao 7 de agosto de 9.30 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas
Lugar: pavillóns do Santa Baia, Cachada e Barraña.
Organiza: Club Baloncesto Santa Baia
XIV CAMPUS BALONCESTO OBRADOIRO
Idades: dos 6 aos 18 anos
Data/hora: do 22 ao 26 de xuño de 9.30 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas
Lugar: pavillóns do Santa Baia, Praia Xardin, Cachada e Barraña.
Organiza: Obradoiro CAB
CAMPUS VOLEI PRAIA
Datas: datas e horarios por determinar
Lugar: Área deportiva da praia de Barraña
Organiza: Club Voleibol Cabo de Cuz
TORNEO INTERNACIONAL DE RUGBY PRAIA
Datas: 11 de xullo, a partir das 10:00h
Lugar: Área deportiva da praia de Barraña
Organiza: Barbanza Rugby Club
CAMPUS DE FÚTBOL RCD LA CORUÑA
Data: Do 13 ao 17 de xullo de 10:00h a 14:00h
Idade: Dos 6 aos 14 anos
Lugar: Campo de fútbol de Valiño
Organiza: RCD La Coruña
VIII TRAVESÍA A NADO ILLA DE BENSA
Idades: A partir dos 8 anos
Data: 22 de agosto
Lugar: Praia de Carragueiros
Organiza: Club Natación Boiro
TRAIÑEIRAS. PROBA LIGA ACT
Data: 29 de agosto
Lugar: Peirao de Cabo de Cruz
II TORNEO 3X3 BALONCESTO
Data: 1 e 2 de agosto
Lugar: Pistas da Boqueira de A Negral
Organiza: Club de Baloncesto Santa Baia
Departamento de Deportes
Edificio As Colonias Praia Xardin (Paseo Marítimo de Barraña)
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
www.boiro.gal
O Concello de Boiro celebra o vindeiro 7 de decembro a XX edición da carreira popular Mar de Boiro. 18º memorial Pepe Buceta.
A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e forma parte do VIII Circuíto de Carreiras de Barbanza Arousa e do XI Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña.
Consta de tres categorías distintas:
Mini e Supermini - 200 metros para idades ata os 7 anos (saída ás 10.40h da rúa Peonil)
2 saídas: Mini (2016-2017-2018) e Supermini (2019 e posteriores). Saída a 200 metros da liña de meta, ao comezo da rúa peonil. O horario da saída será ás 10:40h. Os pais poden correr cos cativos da proba Supermini, pero farano ao final do pelotón, para non entorpecer aos cativos máis rápidos. Deste xeito, os inscritos na carreira longa poderán correr cos fillos na carreira Supermini antes da súa proba.
Escolares - 2.500 metros (saída ás 11.05h da rúa Principal)
Saída 5 minutos despois da categoría absoluta, na rúa Principal, fronte ó edificio do concello. Baixada pola rúa Principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos a esquerda pola Avda. Constitución, pasamos a rotonda do cruce ca Avda. Compostela e seguimos subindo toda a Avda. Constitución, pasando a rotonda da ancla e chegando á rotonda do cruce de Abanqueiro. Volta á rotonda, subida ata a rúa Estatuto de Galicia e baixada todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello.
Carreira longa - 10.000 metros para categoría xeral (saída ás 11.00h da rúa Principal)
Saída na rúa Principal, fronte ao edificio do concello. Baixada pola rúa principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos á esquerda pola Avda. Constitución ata a rotonda da Avda. Compostela, torcendo á dereita en dirección a Praia Xardín. Ao final da Avda. Compostela torcemos á esquerda, entrando no paseo marítimo. Percorrido por todo o paseo marítimo ata o final do mesmo, no Saltiño. Sáese á Avda. Barraña e a 50 metros xa se colle o cruce á esquerda para subir pola Pedra da Bouza ata a Rotonda da Sestelo. Séguese pola estrada ata Triñáns e ao final torcemos á esquerda en dirección a Abanqueiro. O percorrido polas estreitas rúas de Triñáns lévanos ata a rotonda do cruce que vai para a praia de Mañóns, torcendo a dereita e dirixíndonos ata esta praia. De Mañóns seguimos a estrada ata o cruce preto da Charca de Abanqueiro. Ao final da Charca, collemos á esquerda para subir toda a recta do campo de fútbol de Abanqueiro ata chegar a Exipto, continuando recto pola estrada que pasa por Brión e, ao pasar San, torcemos á dereita en dirección á Boliña, ata chegar ao cruce ca Avda. Constitución. Aquí collemos á dereita en dirección á rotonda de Espiñeira, onde se fará un cambio de sentido (sen chegar a bordear a rotonda) para volver a baixar pola Avda. Constitución, torcemos á dereita no primeiro cruce para baixar pola rúa Estatuto de Galicia (onde está Correos) todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello.
Inscricións abertas ata o xoves 4 de decembro ás 23.59 horas emesports.es