Probas de avaliación en competencias Clave

O Concello de Boiro informa da convocatoria de probas de avaliación en competencias clave da Consellería de Emprego e Igualdade dirixidas a persoas que non teñan a ESO ou Bacharelato, requisitos mínimos para acceder á Formación para o Emprego de nivel 2 e 3. RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder asos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (TR306A).

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 7 de abril 

Lugar de realización das probas: recinto feiral da Fundación Semana Verde en Silleda (Pontevedra) 

Datas previstas para a realización das probas: finais do mes de xuño (a expensas da situcación sanitaria) 

 

Máis información na web de Emprego da Xunta de Galicia ou no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro 

Telf: 981 84 26 09

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

|