Día internacional contra a violencia de xénero

BOIRO 25N, actos con  motivo do “Día Internacional contra a violencia de xénero”.

Por segundo ano consecutivo e trala boa acollida do ano pasado, o concello ven de repartir carteis co lema “Boiro contra a violencia de xénero” entre máis de 100 empresas e comercios coa intención de que permanezan visibles ao público ata o día 26.

 O mércores, día 22 o Centro de Recuperación Integral de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero impartirá unha charla sobre esta materia ao alumnado dos institutos municipais. A primeira destas charlas dará comezo as 10.30 h. e terá lugar na sala de exposicións e eventos no baixo da Casa Consistorial, a ésta acudirán 120 alumnos aproximadamente do IES A Cachada, de seguido as 12:30h serán os alumnos do IES Espiñeira os que a atenderan no mesmo centro.

 O venres, 24 ás 19.30 h. no salón de actos do Centro Social proxectarase o documental “Código secreto: Mariposas” de Cecilia Domeyko e lerase un manifesto de repulsa contra este problema social que traspasa fronteiras.

|