A Concellería de Cultura do Concello de Boiro preparou unha ampla programación, con espectáculos en pequeno formato, adaptados ás restriccións da situación actual e para todos os públicos. O programa de actividades comeza esta fin de semana e vaise prolongar ata o mes de setembro. 

Espectáculos de rúa, narración oral, actuacións de entidades locais e moitas cousas máis compoñen este programa de actividades. 

XULLO

Venres 10 de xullo - Banda de Música de Boiro

21.00h - Praza do Centro Social 

Sábado 11 de xullo - concerto Sabela King & the heartbreakers

22.00h - diante da Pousada da Galiza Imaxinaria

Martes 14 de xullo - narración oral: costureiras

21.00h - lavadoiro rúa Bao

Venres 17 de xullo - narración oral: lavandeiras

21.00h - lavadoiro da Boliña

Domingo 19 de xullo - Banda de Música de Boiro

21.00h - Praza do Centro Social 

Mércores 22 de xullo - contacontos con Raquel Queizás

12.00h - muíños do paseo do Río Breiro

Xoves 23 de xullo - culturactiva_su.ma ikigai_damza e circo

21.30h - Praza de Galicia

Venres 24 de xullo - Xira Xilbarbeira

12.00h - Praia Xardín

Sábado 25 de xullo - concerto The Tetas'Van 

22.00h - praza do Centro Social 

Domingo 26 de xullo - Banda de Música de Boiro

21.00h - Praza do Centro Social 

Mércores 29 de xullo - contacontos con Raquel Queizás "travesías"

12.00h - estuario do Río Coroño

Mércores 29 de xullo - pista catro "O fantástico circo de insectos xigante do doutor mezzo"

20.30h - paseo marítimo de Barraña

Xoves 30 de xullo - actuación de Lumieira

21.00h - praza do Centro Social

Venres 31 de xullo - Cé Orquestra

21.30h - diante da Igrexa Parroquial de Nosa Señora do Carme

 

AGOSTO

Sábado 1 de agosto - concerto A Banda da Balbina "Con cebola ou sen cebola"

22.00h - praza do Centro Social

Mércores 5 de agosto - narración oral: romaría "contos e lendas da nosa terra"

12.00h - muíños do Río Breiro

Mércores 5 de agosto - Isla le triska_novo circo

21.00h - praza da Agramuíña

Venres 7 de agosto - circo: Desastronauts "Máis alto aínda" 

21.00h - paseo marítimo de Barraña

Sábado 8 de agosto - Galeatro "Muiñada" 

12.30h - O Coído 

Mércores 12 de agosto - capitán garfo "cociñando música"

12.00h - praza do Centro Social 

Sábado 15 de agosto - Inventi Teatro "A troupa do doutor milagre"

12.00h e 20.30h - espectáculo itinerante

Sábado 15 e domingo 16 de agosto - Festival tradicional Aroña

O Coído

Mércores 19 de agosto - "Contos de nenas grandes e pequenas" 

12.00h - lavadoiro de Bao 

Sábado 22 de agosto - Serán Tradicional Abeloura 

Cespón

Domingo 23 de agosto - muiñada con Nunca é Tarde

muíños de Goiáns

Venres 28 de agosto - a panadería "Elisa e Marcela"

21.30h - Casa da Cultura

Domingo 30 de agosto - Xira Xilbarbeira

21.00h - San Ramón de Bealo 

 

SETEMBRO 

Xoves 3, venres 4 e sábado 5 de setembro - Festival Arte Urbano: obradoiro de rap, taller de parkour, escape room, taller de graffiti e concertos

Pistas de skate 

Sábado 5 de setembro - pistacatro "A vida tola de pajarito"

21.00h - praza Praza do Centro Social de Abanqueiro

Venres 11 de setembro - concerto de Ses

Praza do Centro Social de Boiro 

Sábado 12 de setembro - MasterClass con Xilbarbeira

21.00h - Centro Social de Boiro

Xoves 17 de setembro - contacontos con Raquel Queizás

20.00h - Centro Social de Escarabote

Venres 18 de setembro - contacontos con Magín Blanco

Biblioteca Municipal de Boiro 

Xoves 24 de setembro - contacontos "O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa"

20.00h - Centro Social de Escarabote

Sábado 26 de setembro - contacontos Pablismo

17.00h - Centro Social de Cabo de Cruz 

 

 

A Fundación Paideia Galicia organiza este verán un curso de Industria Musical: Produción de Festivais Musicais, que se vai desenvolver nos municipios de Boiro e A Pobra do Caramiñal. 

A actividade ten como obxectivo achegar á mocidade aos axentes que interveñen na produción dun evento musical mediante a formación práctica e grupal e a titorización e orientación individual. 

Hai un máximo de prazas de 25 participantes. 

Datas

Do 7 de xullo ao 3 de setembro de 2020

Lugar

Centro Social de Boiro

A Pobra do Caramiñal

Duración

82 horas de formación grupal

10 horas de titorización individual

Información

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 81 70 00

www.deloa.es

606 026 202

O Concello de Boiro abre o prazo de preinscrición do "Campamento Concilia de Verán - Boiro 2020". 

O campamento de verán vai diferir dos de edicións anteriores, xa que as medidas de seguridade esixidas limitan o numero de prazas e a selección das persoas participantes se vai facer seguindo, exclusivamente, criterios de conciliación laboral. 

Persoas destinatarias

Nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

Horarios, prezos e datas: 

Do seis de xullo ao 28 de agosto do 2020 (datas suxeitas a posibles modificacións)

Dúas modalidades horarias a escoller

- 8.00 a 14.00 horas: 75 euros/mes (100 euros os dous meses)

- 9.30 a 13.30 horas: 50 euros/ mes (75 euros os dous meses)

Documentación a presentar

- Impreso de preinscrición ANEXOS I, II, III, IV e V

- Certificado laboral de empresa das persoas que figuran no volante de empadroamento, onde se especifiquen horarios e períodos de vacacións

- Certificación expedida pola Axencia Tributaria (renda) das persoas da unidade familiar

- Impreso de consentimento informado asinado

- Valoracion de dependencia, certificado de discapacidade ou, no seu defecto, informe do seu facultativo médico en caso de vivir con persoas maiores de idade que non traballen e non poidan coidar dos cativos. 

Lugar e prazo de inscrición

No Rexistro Xeral do Concello de Boiro, en horario de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica. 

Ata o 23 de xuño de 2020

 

 

O Concello de Boiro a través da Oficina Municipal de Información á Xuventude e a Aula CeMIT de Boiro, organiza o campamento tecnolóxico online para este verán. 

Persoas destinatarias

mocidade de 11 a 13 anos

Datas

do 6 ao 27 de xullo

10.00 a 11.00 horas

Contidos do campamento

- Edición de vídeo (obs estudio, openshot e inshot)

- Deseño de cartelería (Canva)

- Google Drive

- Classroom

Requisitos das persoas solicitantes: 

- Dispoñer de ordenador e concexión a Internet

- Navegador actualizado: Mozilla Firefox, Google Chrome, etc. 

- Micrófono ou auriculares con micrófono e webcam

- Dispoñer a persoa responsable lagal do/a menor cunha conta de correo electrónico de google

Presentación de solicitudes

As solicitudes deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica.

O prazo de solicitude está aberto ata o 23 de xuño.

 

 

A Oficina Municipal de Información á Mocidade (OMIX) do Concello de Boiro organiza uns obradoiros de autoformación en novas tecnoloxías para a mocidade. 

Os cursos son telemáticos e inclúen diversas modalidades: 

- Control parental

- Seguridade informática

- Uso do libro electrónico

- Uso da tablet

- Uso da cámara dixital

- Uso dos dispositivos electrónicos

- Aproveitamento dos smartphone

- Cloud computing

- Comercio electrónico

- Mercadotecnia e mercadotecnia nas redes

- Vendas no muro

- Posicionamento social

- Creación de blogs

- Redes Sociais

- Administración electrónica

- Trámites económicos na Internet

- Factura electrónica

- Tramitación electrónica e xestión de documentación

- Seguridade en compras virtuais

- Innovación social

 

Máis información

Centro Social de Boiro

Aula CeMIT

 

Inscricións

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 84 26 35

|