UNED senior: Curso 2º cuadrimestre (de febreiro a marzo de 2020))

Xa está aberto o prazo de matricula nos cursos da UNED Senior para o segundo cuadrimestre do curso 2019/20. Todas as persoas maiores de 50 anos interesadas en participar poden formalizar a súa matricula ata o 17 de febreiro. 
 
A UNED A Coruña, á que está adscrita o Concello de Boiro, abriu xa o prazo de inscrición de matrícula do segundo cuatrimestre do programa formativo UNED Senior, dirixido a persoas maiores de 50 anos que, con independencia da súa formación académica, estén interesadas en enriquecer os seus coñecementos sen realizar exames. 
 
O obxectivo deste programa é ofrecer unha modalidade aberta a persoas que buscan unha formación continua, mellorar a súa calidade de vida, ampliar os seus coñecementos e fomentar as relacións interpersoais. 
 
O programa é aberto e moitas asignaturas cambian en cada curso; non obstante, cada estudante pode matricularse no número de asignaturas que desexe e nas que estea interesado. Neste curso 2019/20 do programa da UNED Senior de A Coruña ofértanse 25 materias. No Concello de Boiro os cursos que se van impartir neste cuadrimestre son: Producción de Hortalizas todo o Ano, Restauración de Enseres e Mobles e Lanoterapia. 
 
As clases van comezar o vindeiro 17 de febreiro e finalizarán o día 3 de xuño de 2020. No calendario lectivo para este cuadrimestre cabe destacar as vacacións de Semana Santa, que van ser entre o 6 e 13 de abril de 2020 (ambos os dous incluidos) e Entroido, os días 24 e 25 de febreiro. 
 
Máis información na Secretaría do C.A. UNED A Coruña (c/ Educación 3 - 15011 A Coruña), no teléfono 981 14 50 51 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Tamén se pode solicitar toda a información sobre os cursos que se imparten no municipio no servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro. 
Descargas:
Download this file (UNED-Senior-2020.jpg)Cartel informativo
|