Convocatoria - Autoformación, Codix 2021

O Concello de Boiro, a través da Aula CeMIT, oferta formación e avaliación dos contidos formativos que compoñen Plan formativo ofimático de Galicia. 

O DOG núm. 57 do xoves 25 de marzo publica a resolución pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimatica. 

Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos inscritas como usuarias na rede CeMIT. 

En Boiro as probas vanse realizar o xoves 6 de maio ás 10.00 horas. O numero de prazas que se convocan é de 10. 

Solicitudes de participación 

As persoas que desexen participar deben inscribirse a través da páxina web da CeMIT (https://cemit.xunta.gal/). 

O prazo de inscrición é de 7 dias naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. 

 

|