Elefante elegante representará "Papapatúm"

LogoBN

VENRES 30 DE NOVEMBRO ÁS 20:00  
PÚBLICO INFANTIL E FAMILIAR RECOMENDADA 3 A 8 ANOS
CASA DA CULTURA "RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ"


Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Boiro e Agadic
O Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. PATAPATÚM propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materias nas relacións entre pais e fillos.

As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran.

Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estruturante e desenvolver a súa creatividade. Por outra banda, pode acontecer que ese obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os prexenitores teñen para adicar aos seus fillos.

papapatum

|