Introdución

O Departamento de Deportes xurde co fin de canalizar a intervención do Concello no ámbito deportivo e cumprir así os seus obxectivos de promoción. Localizado na Casa da Cultura “Ramón Martínez López”, o seu actual equipo de traballo está composto por dous técnicos e un animador. Conta asimesmo con conserxes-mantenedores que se fan cargo dos campos de fútbol de Vista Alegre e Barraña, e dos pavillóns de Barraña, Escarabote e Valiño. Eventualmente, cóntase tamén co concurso de empresas especializadas e monitores dos clubes para levar a cabo parte da actividade xerada pola área. Outras instalacións da competencia do Departamento de Deportes son as pistas polideportivas ao aire libre de Subuqueiro, Saltiño, A Cachada, Sequelo, Agramuíña, a área deportiva da Boqueira de Anegral, a área deportiva da praia de Barraña e os parques biosaudables de Praia Xardín, Escarabote e Cabo da Cruz. O complexo polideportivo da Cachada está xestionado por unha empresa privada.

Entre outras tarefas, é responsabilidade do Departamento de Deportes:

  • Desenvolver a programación municipal (actualmente son tres os programas ofertados: Escolas Deportivas Municipais –de outubro a maio-, Quencefrío –decembro a marzo- e Veráns Deportivos –xullo a setembro-), buscando a implicación do asociacionismo e axentes sociais.
  • Xestionar as instalacións da súa competencia (vixilancia e control, mantenemento das condicións hixiénicas e de limpeza, seguridade, dotación de material, mellora, dinamización, etc).
  • Levar a cabo programas de patrocinios, subvencións e becas destinados a apoiar tanto ao asociacionismo e as súas iniciativas como aos deportistas individuais máis destacados.
  • Asesorar e orientar a clubes, asociacións e particulares.

 

Contacto

Casa da Cultura "Ramón Martínez López" (Parque da Cachada)

981848425

638560385

Fax: 981848471

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

|