Proceso selectivo: animadores/as socioculturais
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego temporal de animadores/as socioculturais.
O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os nomeamentos realizaranse como funcionario interino.
O BOP núm. 105 do 3 de xuño publica as bases da convocatoria.
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (15/06/2022), que pode consultarse aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (07/07/2022), que pode consultarse aqui.
Publicadas as puntuacións provisionais do exame (14/07/2022), que poden consultarse aqui.
Publicadas as puntuacións definitivas (22/07/2022), que poden consultarse aqui.
Prazo e presentación de solicitudes
Cinco días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP.
No Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou na sede electrónica.
Requisitos das persoas candidatas
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceos ao emprego público.
- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a de xubilación forzosa.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo.
- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade.
- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública.
- Estar en posesión do título de Técnico Superior en Animación Sociocultural ou equivalente.