Proceso selectivo: persoal de museos

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego temporal de persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos. 

O sistema de acceso será mediante concurso- oposición libre e os contatos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contactual temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. 

O Boletín Oficial da Provincia núm. 115 do venres 17 de xuño de 2022 publica as bases da convocatoria. 

 

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas en formar parte deste proceso deben presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica. 

O prazo para a presentación de solicitudes é de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación no BOP. 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder aquela de xubilación forzosa por idade.

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade. 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administación pública. 

- Estar en posesión dunha das seguintes titulacións universitarias ou equivalente: Grao, Licenciatura, Diplomatura, master ou posgrao relacionado coa campos da xestión cultural, patrimonio cultural, de museos ou turística. 

 

|