Plan de axudas para establecementos de lecer nocturno

A Xunta de Galicia aproba as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concurrencia competitiva, para contribuír a sufragar os custos de alugamento dos establecementos de lecer nocturno na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan as subvencións para o ano 2020. 

Publicación no DOG nº216 do martes 27 de outubro de 2020 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201027/AnuncioG0595-261020-1_gl.pdf

 

Beneficiarios/as 

Persoas físicas ou xurídicas que exerzan, a título de arrendatario, a explotación económica dun establecemento de lecer nocturno, que sexa titulares dun contrato de alugamento e resulten afectados pola paralización da actividade como consecuencia das medidas adoptadas para a prevención da contención da Covid-19. 

Para estes efectos, entenderanse por establecementos de lecer nocturno as discotecas, cafés-espectáculo e salas de festas. Incluiranse as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores. 

Os/as beneficiarios/as deberán cumprir os seguintes requisitos, entre outros: 

a) Seren titulares do alugamento dun establecemento de lecer nocturno que se atope pechado como consecuencia directa da aplicación da Orde da Consellería de Sanidade do 15 de agosto. 

b) Que os seus contratos de alugamento estean en vigor desde o mes de xaneiro de 2020 e permanezan vixentes durante o ano posterior á data posterior que se permita a reapertura dos ditos establecementos, co compromiso de mantemento da actividade durante o dito prazo. 

 

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse exclusivamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

O prazo de presentación de solicitudes está aberto durante un mes dende o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (27/10/2020)

 

Docuementación a presentar

O formulario de solicitude debe ir acompañado da seguinte documentación, presentada de xeito electrónico: 

- Copia do documento acreditativo da titularidade da explotación económica do establecemento de lecer nocturno. 

- Copia do título habilitante do correspondente Concello (licenza, comunicación previa ou declaración responsable) que acredite a condición do establecemento como de lecer nocturno. 

- Copia do contrato de alugamento do establecemento en que figure como arrendatatio o titular da explotación económica do establecemento.

- Copia da documentación acreditativa da representatividade que exerce no suposto de tratarse de persoas xurídicas

 

Contía da subvención

- Importes de máis de 7.500 euros de alugueiro mensual co límite máximo de 20.00 euros de axuda por solicitude

- Importes de entre 5.000 e 7.000 euros de alugueiro mensual co límite máximo de 10.000 euros de axuda por solicitude

- Importes entre 2.500 e 5.000 euros de alugueiro mensual co límite máxuimo de 5.000 euros de axuda por solicitude

- Importes de menos de 2.500 euros de alugueiro mensual co límite máximo de 2.500 euros por solicitude. 

 

 

|