Pleno ordinario do 21 de marzo de 2024 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra este xoves día 21 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de marzo.
A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube na seguinte ligazón.
Orde do día da sesión:
- Aprobación provisional do ditame sobre a Ordenanza reguladora do prezo público polo servizo de recarga de vehículos eléctricos.
- Aprobación inicial do ditame da modificación puntual nº1 da Relación de Postos de Traballo.
- Aprobación do ditame polo que se desestima a solicitude presentada por Estrella del Mar SLU para a prórroga da concesión de dominio público outorgada por este concello con data 11/03/1993 para a explotación dun servizo bar- restaurante en Praia Xardín.