Pleno ordinario do 21 de novembro de 2024 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 21 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de novembro.
A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube dispoñible AQUI.
Orde do día da sesión:
- Aprobación da acta da sesión anterior
- Toma de posesión como concelleira da Corporación Municipal de Dona Vanessa Somoza Santamaría.
- Toma de posesión como concelleiro da Corporación Municipal de Don Xurxo Triñanes Hermo.
- Aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Boiro.
- Aprobación do expediente de contratación do servizo denominado “Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Boiro”.
- Modificación ordenanza fiscal nº6. Taxa de licencias urbanísticas.
- Moción do BNG relativa á reivindicación do día 25 e novembro e á necesidade de impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista.
- Moción do BNG relativa á situación do idioma propio da Galiza e á adopción de medidas para a súa normalización.
- Moción que presenta a Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras ao Pleno da Corporación do Concello de Boiro.