Proceso selectivo: listaxe de técnicos/as de turismo

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha listaxe para a contratación laboral temporal de técnicos de turismo. 

Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. 

O sistema de acceso será mediante oposición libre e o número máximo de persoas integrantes da lista será de 20. 

Publicada a relación provisional de admitidos e excluídos, que pode consultarse aqui

Publicada a relación final de admitidos e excluídos, que pode consultarse aqui

Publicados os resultados provisionais do primeiro exercicio, que poden consultarse aqui

Publicada a resolución das alegacións do primeiro exercicio, que poden consultarse aqui

Publicada as puntuacións provisionais do suposto práctico, que poden consultarse aqui

Publicadas as puntuacións finais do proceso selectivo, que poden consultarse aqui

O sorteo público para o desempate vaise levar a cabo o venres 14/05/2021 ás 9:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.  

 

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (Núm. 39 do 1 de marzo de 2021

As persoas aspirantes deberán presentar o modelo de instancia que se inclúe como ANEXO nas bases e se pode descargar nesta páxina, acompañado do DNI, unha fotocopia que acrediten, como mínimo, o CELGA 4 ou equivalente e a titulación. 

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica. 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter cumpridos os 16 anos de idade

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión do título de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou equivalente

Proceso selectivo

A oposición constará de tres exercicios de carácter obrigatorio: 

1º exercicio: proba de avaliación de coñecementos. Cuestionario de 50 preguntas tipo test relativas á historia e á súa comarca, á realidade física e xeográfica do termo municipal e aos recursos patrimoniais e turísticos que posúe. 

2º exercicio: suposto práctico. Unha ou varias probas prácticas relativas ás funcións a desenvolver no posto de traballo. 

3º exercicio: proba de coñecemento de lingua galega. Para aquelas persoas que non acrediten o CELGA 4 ou equivalente. 

|