Proceso selectivo: animador/a sociocultural

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha listaxe para a contratación laboral temporal de animadores/as socioculturais. 

O anuncio e bases da convocatoria publicanse no BOP núm. 76 do luns 26 de abril de 2021

Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. 

O número máximo de integrantes da lista será de 20 e o sistema de acceso vai ser mediante concurso-oposición libre. 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, que pode consultarse aqui

Publicada a relación definitiva de admitidos e exluídos, que pode consultarse aqui

 O primeiro exercicio da oposición vaise realizar o vindeiro venres 21 de maio ás 9.30 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial

Presentación de solicitudes 

PRAZO PECHADO 

As persoas interesadas deberán presentar as súas instancias, no modelo que se engade como ANEXO e se pode descargar desta páxina, a través da sede electrónica do Concello de Boiro ou no Rexistro Xeral, en horario de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas. 

O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (entre o 27/04/2021 e o 03/05/2021). 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 e non exceder a idade de xubilación. 

- Non padecer enfermidade que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade.

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración. 

- Estar en posesión do título de Técnico Superior en Animación Sociocultural ou equivalente. 

 

 

|