Proceso selectivo: socorristas

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha listaxe de contratación persoal laboral temporal de socorrista acuático en espazos naturais.

O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo vanse formalizar baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. O número máximo de candidatos/as é de 50. 

As bases e anuncio da convocatoria publicase no Boletín Oficial da Provincia núm.108 do xoves 10 de xuño de 2021

 

Presentación de solicitudes

As persoas candidatas deben presentar o modelo de instancia que se inclúe como ANEXO na sede electrónica do Concello de Boiro (https://boiro.sedelectronica.gal/info.0) ou no rexistro xeral, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas. 

O prazo de presentación é de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o 11/06/2021. 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do traballo

- Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria 

- Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia. 

 

|