Pleno ordinario do 10 de setembro de 2025 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra o vindeiro mércores día 10 o Pleno ordinario correspondente ao mes de setembro de 2025.
A sesión terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.
Orde do día da sesión:
- Aprobación da sesión anterior
- Aprobación da Conta Xeral 2024
- Aprobación definitiva da Relación de Postos de Traballo do Concello de Boiro
- Reposición á dispoñibilidade de créditos
- Modificación puntual do PGOM vial conexión DP-1107 e DP-1106
- Aprobación POS+ adicional 2/2025 2ª fase
- Moción do grupo municipal Boiro Novo para a mellora da rede de abastecemento de auga municipal
