Pleno ordinario do 30 de abril de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro mércores día 30 o Pleno ordinario correspondene ao mes de abril. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación a acta da sesión anterior.
  2. Aprobación inicial da proposta da Relación de Postos de Traballo.
  3. Aprobación do proxecto básico e de execución a obra de Rehabilitación da Casa da Cultura de Boiro financiado pola subvención concedida mediante a orde TMA/178/2022 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a rehabilitación de edificios de titularidade pública no marco do PRTR e delegación de competencias en materia de contratación do Pleno na alcaldía do Concello de Boiro.
  4. Convenio entre a Secretaría de Estado de Seguridad (Dirección General de la Guardia Civil) e o Concello de Boiro en materia de seguridade.
  5. Resolución de recurso de reposición presentado por Confederación Intersindical Galega (CIG) ante o acordo plenario do 21/11/2024.
  6. Expediente de recuperación de oficio da escola unitaria da Poza (San Mauro).
  7. Crédito extraordinario 1/2025
  8. Recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2025
  9. Operacións de crédito
  10. Suplemento de crédito 1/2025
  11. Moción do grupo municipal do BNG sobre a transformación do campo da lomba.
  12. Moción solicitando á RAG homenaxear a D. Raimundo García Domínguez Borobó polo Día das Letras Galegas 2026.

APRAZAMENTO do Pleno ordinario do mes de abril de 2025 | Concello de Boiro

O Pleno do Concello de Boiro en sesión extraordinaria celebrada o 27 de xullo de 2023 acordou en base ao previsto no artigo 20 do ROM que o Pleno celebrará sesión ordinaria no salón de sesións con periodicidade mensual, todos os terceiros xoves non festivos de cada mes ás 20:00 horas.

Cabe ter en conta que a sesión ordinaria do Pleno da Corporación do mes de abril prevista para o día 17 cae en festivo (Xoves Santo) coincidindo co período vacacional da Semana Santa.

Por ese motivo acordase o seguinte: 

CAMBIAR a celebración do Pleno ordinario que estaba previsto convocar para o xoves 17 de abril así como as Comisións Informativas que o precede. 

A sesión das comisións informativas do Pleno do mes de abril celebraranse o xoves 24 de abril de 2025 no seu horario habitual e o Pleno o mércores 30 de abril de 2025 ás 20.00 horas

Pleno ordinario do 20 de febreiro de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 20 ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro, o Pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube

Orde do día da sesión: 

  1. Modificación da ordenanza fiscal nº 28 reguladora da taxa pola prestación do servizo da piscina municipal e do pavillón polideportivo da Cachada.

Pleno ordinario do 20 de marzo de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 20 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de marzo. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube

 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Solicitude do 01/02/2019 de Dna Rita Paz Paz para a inclusión no inventario municipal de bens como vía pública dun terreo existente no lugar de San Roque, parroquia de Cespón.
  3. Solicitude do 28/12/2000 de D. Francisco López Silva para dar de baixa no inventario municipal de bens a vía pública no lugar de Pedra da Bouza, parroquia de Abanqueiro.
  4. Aprobación definitiva da Ordenanza Fiscal nº6 reguladora da taxa urbanística.
  5. Moción do grupo municipal Boiro Novo para aumentar a oferta formativa en ciclos de Formación Profesional e da Escola Oficial de Idiomas en Boiro.
  6. Moción presentada polo grupo municipal do Partido Popular relativa á convocatoria pola AGASP.
  7. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación co Plan Estatal de Condonación de débedas das CCAA
  8. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ao canon da auga recadado por Augas de Galicia.

Pleno ordinario do 28 de xaneiro de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este martes día 28 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación de actas de sesións plenarias. 
  2. POS+2025
  3. Aprobación do texto da renovación do convenio do proxecto “Parque arqueolóxico da idade do ferro: Os castros dos Praestamáricos”
|