Listas de contratación temporal da Xunta de Galicia
O Concello de Boiro informa da apertura das listas de contratación temporal da Xunta de Galicia. RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e apertura de determinadas listas para a incorpración de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de abril de 2021.
Todas as persoas interesadas en formar parte destas listas poderán solicitar a súa inscrición no prazo de referencia, e para iso deberán presentar a instancia conforme ao modelo que está na web da Xunta (www.xunta.gal), no apartado de Listas de Contratación temporal Xunta 2021.
Documentación que se debe presentar
- Solicitude de inscrición debidamente cuberta
- Impreso de pagamento da taxa
- Certificado debidamente compulsado do grao de coñecemento do idioma galego
- Titulación ou formación non académica para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade e documentación acreditativa dos requisitos para a inclusión na lista que non poidan ser obxecto de consulta pola propia Administración.
Máis información
Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro
Telf: 981 84 26 09
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.