Proceso selectivo: bolsa emprego TAX

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego que permita nomeamentos interinos como técnicos de administración xeral (TAX). 

O BOP núm. 190 do martes 5 de outubro de 2021 publica as bases da convocatoria. 

Publicada a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as (10/11/2021), que pode consultarse aqui

Prazo de presentación de enmendas de CINCO días hábiles a contar dende o día seguinte ao da súa publicación. 

 

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP (05/10/2021).

O modelo de instancia, incluída como Anexo nesta páxina, coa documentación requirida, debe presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica. 

 

Requisitos das persoas aspirantes

- Ter a nacionalidade española ou outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Posuñir capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública. 

- Estar en posesión do título de grao, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente. 

 

 

|