Proceso selectivo: peóns de servizos varios

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de peóns de servizos varios para distintos servizos municipais como praias, obras, xardíns... 

O sistema de acceso será mediante oposición libre e o contrato de traballo formalizarase mediante a modalidade contractual laboral máis axeitada en cada caso. 

O BOP núm. 111 do martes 13 de xuño de 2023 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (22/06/2023), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (28/06/2023). que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais das probas (29/06/2023), que se poden consultar aqui

Publicadas as puntuacións definitivas das probas e listaxe de contratación (04/07/2023), que se poden consultar aqui

  

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP (13/06/2023). 

A instancia de solicitude e documentación debe presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

 

Requisitos das persoas candidatas 

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non superar a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade.

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión do título do certificado de escolaridade, estudos primarios ou, como mínimo, de 2º da ESO ou equivalente. 

 

 

|